Home / Ferrol / Benestar incrementa un 15% as horas do servizo de axuda no fogar para dependentes en Ferrolterra

Benestar incrementa un 15% as horas do servizo de axuda no fogar para dependentes en Ferrolterra

FERROL360 | Domingo 8 marzo 2015 | 18:32

A Consellería de Traballo e Benestar incrementa en seis millóns de euros o orzamento de 2015 para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes en toda Galicia. Así, o orzamento total do servizo sitúase nos 46,3 millóns de euros.

Segundo informan desde a Consellería, este aumento suporá un incremento do 15 % nas horas de axuda a domicilio para persoas dependentes de Ferrolterra. En horas, tradúcese en máis de 4.800 ao mes, o que permitirá atender a preto dun cento máis de persoas.

Na actualidade, preto de 700 persoas con dependencia benefícianse deste servizo nas localidades de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Somozas, Moeche, San Sadurniño e Cedeira. Na cidade de Ferrol, que conta nestes momentos con máis de 260 usuarios, o aumento de horas é do 12,2 %.

Benestar indica que o reparto de horas entre os concellos terá efectos inmediatos. Xa que a previsión da Consellería é que este verán se alcance a execución total das horas, é dicir, que estean asignadas a algún beneficiario.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies