Home / Actualidad / Benestar Social convocará unha reunión para as entidades sociais e socio-sanitarias

Benestar Social convocará unha reunión para as entidades sociais e socio-sanitarias

FERROL360 | Viernes 10 julio 2015 | 17:20

A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, convocará na cuarta semana do mes de xullo a todas as entidades sociais e socio-sanitarias de Ferrol a unha reunión, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello, e que persegue o obxectivo de iniciar, entre todos, o Plan Estratéxico de Servicios Sociais.

De xeito paralelo ás reunións que xa está mantendo a concelleira coas distintas entidades para coñecer a súa situación e as súas problemáticas, o encontro que terá lugar en xullo abundará no obxectivo de poder «traballar entre todos e todas».

A convocatoria terá lugar no Salón de Plenos, como mostra dun Concello que durante os próximos catro anos será de portas abertas aos cidadáns e as entidades que traballan de xeito decidido na cidade para resolver distintas problemáticas sociais.

O Plan Estratéxico de Servizos Sociais ten como fin que durante catro anos se faga unha diagnose da situación da cidade, «adoptando decisións entre todos sobre o persoal dispoñible no Concello ou mesmo as infraestructuras», para deste xeito “traballar coordinadamente, priorizando os servicios sociais e a atención de persoas».

Comisión de Emerxencia

Doutra banda, a edil de Servizos Sociais avanzou que o próximo xoves terá lugar unha primeira reunión da Comisión de Emerxencia que se porá en marcha con traballadores de servizos sociais, segundo o acordo ao que xa se chegou esta semana.

Esta Comisión «»funcionará de xeito permanente dado o colapso e a saturación terrible» que se está producindo nos servizos sociais, e reuniráse de xeito semanal.

Así o anunciou a edil Beatriz Sestayo na mañá deste venres na que tamén mantivo un encontro coa Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista, Aspanaes, unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública.

A asociación presentoulle a Beatriz Sestayo o seu proxecto Intervención asistida con cabalos e natureza, que se desenvolve no Centro de Educación especial en Ferrol e que se destina a 33 alumnos.

Publicidad
campamentos

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies