Home / Cultura / Blanca María Álvarez, gañadora do ‘XI Concurso de Pintura Cidade de Narón’

Blanca María Álvarez, gañadora do ‘XI Concurso de Pintura Cidade de Narón’

A obra gañadora do certame (foto: Concello Narón)

FERROL360 | Martes 19 novembro 2019 | 10:00

Ciudad de Jirafas, a obra da malagueña Blanca María Álvarez resultou gañadora do XI Concurso de Pintura Cidade de Narón dotado con 1.500 euros. Os premios do certame entregaranse o sábado 23 de novembro, coincidindo co Día de Narón nun acto que terá lugar no Pazo da Cultura ás 18.00 horas.

O segundo premio, dotado con 750 euros, foi para Manuel Ángel Serantes, de Ponferrada, pola obra Gran Vía e o terceiro, de 400 euros, para Alejandro Galán, de Sevilla, por Almuerzo. O Premio Especial Francisco Criado, dotado con 200 euros, este ano foi para a ferrolán Josefina Porta Pereira pola súa obra A toda vela.

Ao concurso presentáronse un total de 90 obras, das que 49 eran da categoría de adultos e as 41 restantes da infantil. O xurado estivo presidido por Xosé Luis González Loureiro e entre os vogais estaban o artista Suso Basterrechea e Andrés Gabarres, graduado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e gañador da anterior edición deste certame convocado dende o Padroado da Cultura de Narón.

Os traballos realizados nas diferentes categorías poden verse xa na entrada do Pazo da Cultura en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00. Permanecerán expostos ata o día 23 de novembro. A gañadora do certame, que non poderá presentarse ás dúas vindeiras edicións, ten dereito a unha exposición da súa obra durante quince días no Pazo da Cultura.

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, salientou a calidade dos traballos presentados a esta undécima edición do certame. Así mesmo felicitou de antemán a tódolos participantes, en especial aos premiados, e animou á veciñanza a visitar a mostra do Pazo e a acudir ao acto de entrega dos premios.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies