REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 24 xuño 2015 | 16:30
Esta semana haberá unha nova xuntanza entre Terra Galega e BNG de Narón para tratar de chegar a un acordo de goberno que inclúa aos nacionalistas. O alcalde do municipio, José Manuel Blanco, asegura que «non existen problemas insalvables, existen problemas de organización» que son os que dilatan os tempos.
En todo caso, Blanco confía en que «a remates de esta semana se pecharán os acordos a tres bandas co PSOE, BNG e TEGA» e así reeditar o tripartito. Deste xeito, o luns ou martes da vindeira semana poderíase asinar o acordo de goberno entre as tres formacións.
Preguntado se Pablo Villamar estará ao fronte de Promoción Económica e Teresa Saibo Promoción Social e Igualdade, coma na pasada lexislatura, o rexedor asegurou que «en principio non se discute que teñan que levar outras, en principio ese é o acordo e non vai haber cambios de última hora».