MARTA CORRAL | Ferrol | Martes 7 xuño 2016 | 8:32
A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, dirixida polo edil Bruno Díaz, segue a traballar por mellorar os datos de reciclaxe e recollida selectiva na cidade. Este luns, de feito, en colaboración con Ecovidrio, ven de instalar 22 novos colectores de vidro cun novo sistema que axiliza a tarefa aos hostaleiros, xa que están dotados cun novo sistema de elevación.
En total, Ferrol conta con 246 contenedores verdes, un por cada 282 habitantes. A reciclaxe do vidro e unha das teimas da área de Díaz, posto que aínda que medrou no 2015 nun 40,2 % -41 envases por persoa, uns 10,7 quilos por habitante-, a cidade segue por debaixo da media galega.
O Plan Marco de Residuos de 2016 a 2020 posto en marcha pola Unión Europea esixe aos concellos chegar ao 50 % de residuos reciclados antes do 2026, polo que Ferrol dispón de dez anos para reciclar un 30 % máis.
Da folla de ruta que manexa Servizos para acadar este obxectivo falamos co edil Bruno Díaz, que repasa con Ferrol360 as iniciativas levadas a cabo dende a súa Concellería para que Ferrol sexa unha cidade máis sostible e concienciada co medio ambiente.
FERROL360 – Os ferroláns so reciclamos un 20 % dos residuos que xeramos o pasado ano 2015. Aínda que o incremento é un feito, queda moito camiño que percorrer ata chegar ao 50 % que esixe Europa para o 2026. Cal é a folla de ruta do Concello para concienciar aos veciños e incrementar o reciclaxe ?
BRUNO DÍAZ – Estamos convencidos de que aínda que o camiño é longo podemos ir incrementando progresivamente a porcentaxe de reciclaxe en Ferrol porque estamos nunha cidade que en moitos aspectos xa está por riba da media doutros lugares. De feito, no 2015 superamos a media galega e estatal en canto á reciclaxe no contedor amarelo -plásticos, bricks, latas…- con 12’5 quilos por habitante ao ano, mentres que no conxunto de Galicia foi de 9’9 e en España de 12’1. Os datos de reciclaxe en Ferrol tamén son mellores que os galegos no tocante ao papel e o cartón, posto se recolleron 13’7 quilos por habitante ao ano, fronte aos 12’4 de Galicia.
Ferrol é unha cidade na que se está a reciclar máis que noutros puntos de Galicia e iso reflexa que temos as bases para ir mellorando. Terémolo que facer cun traballo permanente de mellora dos puntos de depósito, achegándoos o máis posible aos cidadáns, algo no que xa estamos a traballar xunto con campañas de concienciación e información permanentes.
360 – Unha desas campañas anuais que puxo en marcha o Concello xunto a Urbaser adicouse nesta ocasión ao fomento destes hábitos entre os nenos e as persoas maiores, son dous colectivos especialmente importantes?
BD – Normalmente os nenos son grandes transmisores de valores de cara aos seus pais, os que máis lles obrigan a cumprir algunhas normas, é un xeito de lembrarlles aos adultos a importancia de determinados comportamentos. A xeración seguinte, a dos nosos maiores, ten que afondar en transmitir eses valores, porque tamén son unha parte moi importante na educación dos pequenos. E a eles hai que facerllo chegar, sexa directamente ou ben a través dos nenos. E por iso escollemos lemas como Recicla como un neno ou Ferrol nas túas mans. Nunha das imaxes da campaña vense estes sifóns que os nosos avós sempre empregaban unha e outra vez. É un símbolo do que buscamos, porque era unha reciclaxe igual á que queremos que se faga agora.
Díaz presentou este luns os novos colectores de vidro na avenida de Esteiro (foto: Concello de Ferrol)
360 – Os nenos das escolas que visitou o persoal de Urbaser nestes meses aseguraban que se os seus pais non reciclaban, eles tampouco o farían. Xoga aquí un papel importante a Escola para inverter os roles e que sexan os pequenos os que convenzan aos seus pais á hora de adquirir hábitos de reciclaxe?
BD – A Escola e os valores que se lles acheguen aos máis pequenos é fundamental para inverter os hábitos das familias. Os nenos poden conseguir que os seus pais adquiran un hábito de reciclaxe que quizais non tiñan, e por este motivo diriximos a eles parte da campaña, sabendo ademais que son o noso futuro, que a educación e a concienciación dos máis novos é esencial para ter un futuro mellor.
360 – As mulleres maiores que asistiron ás charlas impartidas por Urbaser nalgunhas entidades queixábanse da falla de planificación á hora de colocar os colectores tendo, por exemplo, dous amarelos e ningún azul preto da casa. Considerou o Concello pór en marcha mecanismos participativos para que os veciños axuden a optimizar os recursos e teñan máis doada a reciclaxe?
BD – Si, estamos a traballar intensamente nesta cuestión. Na cidade, están instalados en torno a 800 contedores de 800 litros amarelos para envases, preto de 250 iglús para vidro, 120 azuis de papel de carga traseira de 800 litros e 136 contedores de 3.000 litros de carga superior. Acabamos de instalar 72 unidades máis de contedores de vidro e esperamos poder incrementar o número de contedores tanto para plásticos como para papel. Ademais, tras escoitar as queixas dos cidadáns, comprobaremos a distribución dos colectores para ver en que medida se pode mellorar.
360 – Unha das propostas que fixo a Concellería de Servizos pasa por incentivar aos barrios ou zonas que máis e mellor reciclen, poñendo as cifras na web municipal e xerando unha competencia sa entre eles. Estase a traballar xa neste proxecto? Temos datas da súa posta en marcha?
BD – Precisamente un dos nosos proxectos é xerar unha cultura colectiva de reciclaxe en Ferrol, que a reciclaxe sexa unha cuestión que estea a pé de rúa, nas conversas dos cidadáns. E para iso estou convencido de que amosar de xeito permanente os datos da reciclaxe en cada un dos nosos barrios e parroquias xeraría unha concienciación colectiva.
Estamos traballando para crear ese ambiente de competitividade sa en torno á reciclaxe. Temos previsto publicar en breve os datos na páxina web do Concello e a partir de aí cada semana informaremos da ruta de recollida gañadora en canto á reciclaxe. Estou seguro de que entre todos imos loitar para ter o barrio máis cívico de Ferrol e o menos contaminante.
360 – Servizos está a facer un grande esforzo por aumentar a cantidade de colectores e substituír os que están en mal estado. Os barrios urbanos son os máis beneficiados, pero no rural aínda dependen moitas veces do coche para levar os residuos aos puntos correspondentes, polo que non soen facelo. Está previsto dotar de máis servizos neste aspecto á zona rural?
BD – A zona rural pola súa propia configuración está caracterizada pola súa dispersión poboacional o que, lamentablemente, dificulta o traballo en determinados ámbitos e servizos, con maior complexidade e con particularidades en cuestión de recollida de residuos.
No ámbito da reciclaxe a zona rural está máis acostumada, por tradición, á reciclaxe de residuos e iso é algo moi positivo. É certo que é preciso mellorar algúns aspectos e facilitar o depósito de residuos, para o que faremos un esforzo maior. Os veciños do rural non van notar os cambios dun día para outro, pero estou convencido de que en catro anos percibirán grandes melloras.
A mí lo del reciclaje me parece muy bien, en serio. Pero que éste sea el mayor reto conseguido por el concejal (conseguir instalar unos contenedores de vidrio) me parece que deja al gobierno local a muy bajo nivel.
No solo no hace nada en servicios, sino que paraliza, además a qué colegios fueron de Urbaser, en el de mis hijos se recicla de todo, incluso aceite, y es público, y cada vez somos más los que reciclamos.
Que viene el ahora de salvador del planeta, que no ha hecho nada en un año, solo provocar problemas con el socio de gobierno.
Además que pasa con el deporte ferrolano, que con quien hables de padres que tienen niños haciendo deporte, dicen que no hay ayudas o vienen muy tarde, y que de seguir así, los clubs no van a poder aguantar y van a tener que cerrar las puertas y llevar los niños a ayuntamientos limitrofes.