Home / Eume / Cabanas / Cabanas abre o prazo de inscrición na III Ruta Cicloturista

Cabanas abre o prazo de inscrición na III Ruta Cicloturista

FERROL360 | Sábado 18 agosto 2018 | 12:40

O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición para participar na III Ruta Cicloturista. Desde o goberno locan convidan a nenos e maiores a disfrutar do municipio sobre dúas rodas, descubrindo incribles panorámicas a través desta cita, que se celebrará o día 26 de agosto.

Haberá dous percorridos: o primeiro, duns 19 kms para maiores de 8 anos e, o segundo, de 2,5 kms –treito final do primeiro- para todas as idades. O punto de partida e chegada será novamente a SCRYD San Mamede de Laraxe, entidade colaboradora na proba.

As persoas interesadas en participar no evento deben formalizar a súa incrición ata o vindeiro día 24 de agosto na casa consistorial, na SCRYD ou no enderezo deportes.cabanas@gmail.com. A ruta volverá ter un marcado carácter solidario, xa que cada participante deberá donar dous quilos de alimentos, como mínimo, que irán destinados ao Banco de Alimentos de Cabanas.

Será obrigatorio o uso do casco e, ó remate da ruta, os participantes máis novos poderán participar nunha xincana no local da SCRYD San Mamede, pensada especialmente para o disfrute dos máis pequenos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies