Home / Actualidad / Cabanas aproba os orzamentos para 2020, que ascenden a 2,8 millóns de euros

Cabanas aproba os orzamentos para 2020, que ascenden a 2,8 millóns de euros

FERROL360 | Luns 30 decembro 2019 | 10:18

O Concello de Cabanas deu luz verde aos orzamentos municipais para 2020 nun pleno extraordinario o pasado sábado. As contas para o vindeiro ano ascenden a 2.898.682,25 euros. Segundo salientan desde o goberno lcoal son uns orzamentos «axustados á realidade nos que destaca a aposta polo ámbito social».

O goberno municipal sinala que se regulariza o cobro de taxas, «onde se atoparon importantes desaxustes no cobro das mesmas». En relación aos ingresos apunta que se axustaron á realidade tomando como referencias a execución e a previsión do 2019 e a liquidación do orzamento de 2018.

Os gastos correntes financiados polo POS 2020 ascenden a 55.037,61 euros e as obras aprobadas nos plans da Deputación supoñen 100.958,64 euros para a reparación dos camiños municipais de Barreiras, Travesía da Barrosa e Lavandeira a Xicos.

A partida de Emerxencia Social increméntase de xeito notable, pasando de 4.000 a 10.000 euros. Ao igual que as axudas a estudos, que sube dos 2.000 aos 10.000 euros. O orzamento para o departamento de Igualdade, Muller, LGTBI e Conciliación Familiar increméntase en 15.000 euros, chegando aos 35.000 euros e aumentan tamén as cuantías en dependencia e mocidade con 200.000 e 6.000 euros, respetivamente.

Tamén se incrementan as partidas para a loita contra a vespa velutina e outras pragas, que ascende aos 2.000 euros; para mellora enerxética con 7.000 euros; melloras de parques infantís tamén con 7.000 euros e a actualización do equipamento informático do persoal municipal consígnanse 4.000 euros máis que en anos anteriores.

A Concellería de Deportes incrementa a súa partida en 10.000 euros, chegando aos 50.000 euros para facer fronte a diferentes eventos deportivos que terán lugar no 2020. Para subvencións a entidades locais destínanse 5.000 euros, 3.000 euros máis para convenios e 2.000 euros para subvencións a entidades locais.

«Estes orzamentos foron deseñados para adaptarse á realidade económica do concello», sinalaron desde o goberno municipal, formado por PSOE, BNG e AEC, quen destacaron «a vontade de acordo para facer uns orzamentos que mellorarán a calidade de vida da veciñanza de Cabanas».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies