Home / Eume / Cabanas / Cabanas estrea unha nova e accesible páxina web

Cabanas estrea unha nova e accesible páxina web

A nova web de Cabanas conta cun entorno moito máis limpo e atractivo (foto: Concello)

FERROL360 | Martes 21 xullo 2020 | 09:00

O Concello de Cabanas vén de mudar a súa páxina web apostando por un entorno moito máis limpo, visual e accesible para as personas usuarias, que atoparán unha completa información ademais de poder facer trámites de xeito telemático.

«A nova web permite chegar máis rapidamente á información municipal e aos trámites máis frecuentes, ao tempo que agrupa a información por áreas de goberno de maneira que aparezan todas as novas e información máis frecuente de cada unha delas dunha maneira máis ordenada», explican desde o Concello.

Tamén incorpora información turística, como roteiros no municipio ou unha galería de imaxes para levar a cabo unha completa visita virtual. Adáptase ao soporte elixido para visualizala ofrecendo unha boa experiencia tanto en móbiles, tablets ou ordenadores.

A actualización da web, ubicada no enderezo www.cabanas.gal, é un paso máis na aposta pola transparencia e dixitalización do Concello que puxo en marcha a Área de Innovación Tecnolóxica que dirixe o concelleiro Iago Varela e vén a sumarse ao lanzamento o ano pasado dunha aplicación para a comunicación de incidencias e a retransmisión dos plenos por streaming que se iniciou no mes de xuño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies