Home / Actualidad / Cabanas inicia as xuntanzas cos veciños para escoitar as súas suxestións para os orzamentos de 2016

Cabanas inicia as xuntanzas cos veciños para escoitar as súas suxestións para os orzamentos de 2016

FERROL360 | Luns 2 novembro 2015 | 15:45

O Concello de Cabanas pon en marcha esta semana unha serie de xuntanzas cos veciños para explicar como se van preparar os orzamentos de 2016 e escoitar as súas suxestións e preguntas.

O obxectivo, indican desde o Concello, é «preparar os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia».

As xuntanzas terán lugar nos diferentes locais sociais de Cabanas, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños. A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas.

O calendario previsto será o seguinte: este mércores 4 de novembro, Local Social do S.C.R.D. San Mamede de Laraxe; xoves 5 de novembro, Local Social de Lavandeira.

O vindeiro luns 9 de novembro, Local Social do C.C.R.D. San Martiño de Porto; mércores 11 de novembro, Escola de As Viñas e xoves 12 de novembro, Local Social de Santa Cruz.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies