Home / Eume / Cabanas / Cabanas lanza un programa de axudas ao transporte para estudantes universitarios

Cabanas lanza un programa de axudas ao transporte para estudantes universitarios

FERROL360 | Xoves 26 setembro 2019 | 10:20

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de lanzar un programa de axudas ao transporte para estudantes que cursen ciclos formativos de grao superior ou estudos universitarios nas cidades de Ferrol, A Coruña ou Santiago de Compostela.

«O obxectivo desta proposta é contribuír no custe do transporte para facilitar o acceso aos estudos á mocidade de Cabana»”, sinalou Iago Varela, tenente alcalde e concelleiro de mobilidade, quen tamén adiantou que o goberno municipal traballa para incrementar a partida destinada a este cometido nos orzamentos municipais para o 2020.

Tras a súa publicación no BOP deste xoves 26 de setembro, as persoas interesadas en optar a estas axudas poden presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Cabanas ou a través da Sede Electrónica nos próximos 10 días naturais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies