Home / Eume / Cabanas / Cabanas organiza un curso para a obtención do carné de usuario profesional de productos fitosanitarios

Cabanas organiza un curso para a obtención do carné de usuario profesional de productos fitosanitarios

FERROL360 | Luns 30 maio 2016 | 13:56

O Concello de Cabanas ten aberto o o prazo de inscrición no Curso de Usuarios Profesionais de Productos Fitosanitarios, nivel básico. Deste xeito, as persoas interesadas en tomar parte nesta acción formativa que facilita a obtención do carné básico poden cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo remata o 3 de xuño, inclusive. Así mesmo, dende a administración local infórmase que na concesión das prazas terán preferencia os titulares de explotacións agrarias e persoal dependente.

A listaxe de admitidos e tamén a relación de persoas en lista de espera, se a houbera, publicarase tanto na páxina web municipal como no taboleiro de anuncios. O curso é de 25 horas e estará impartido por persoal da Consellería de Medio Rural.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies