Home / Eume / Cabanas / Cabanas organiza unha andaina pola costa para ver praias, muíños e a ría de Ares

Cabanas organiza unha andaina pola costa para ver praias, muíños e a ría de Ares

Puerto de Redes (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 14:17

O Concello de Cabanas programa un novo roteiro para o sábado 31 de xullo que percorrerá o treito costeiro do municipio e continuará ata a zona mariñeira de Redes, en Ares. A andaina partirá ás 10.00 horas desde a Oficina de Información e Turismo.

Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, cun nivel de subida máximo de 100 metros, polo que a súa dificultade é baixa. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán gozar de diversos puntos de interese como as praias, muíños ou as diferentes perspectivas das vistas da ría de Ares.

Para tomar parte na proposta é preciso inscribirse de forma previa no correo electrónico: deporte@cabanas.gal, indicando os nome, apelidos, DNI e data de nacemento das persoas que se desexan participar. As inscricións están abertas ata o martes 27 de xullo, incluído.

O grupo estará formado por un máximo de 20 persoas, ademais do monitor, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición para a asignación das prazas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies