FERROL360 | Luns 20 xaneiro 2020 | 14:15
O Concello de Cabanas anunciou a súa participación no proxecto «Camiños de Identidad», que xurde como oportunidade para crear dinámicas de desenvolvemento rural en cinco concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago.
Deste xeito, Cabanas únese nesta iniciativa a Mondoñedo, Rodeiro, Triacastela e Porqueira a través dun enfoque participativo e turístico.
Tras unha análise previa do potencial dos concellos participantes, identifícanse os recursos que supoñen no seu conxunto a esencia cultural de Galicia e que se complementan baixo a marca «Camiño de Identidade».
Asi, pódese crear un produto turístico a nivel local e galego.
«Cabanas ten un inmenso potencial turístico por descubrir e traballar», indicou o tenente alcalde, Iago Varela, quen puxo en valor este proxecto «que une cinco concellos diversos unidos polo Camiño de Santiago».
Levarase un evento en cada Concello, onde se realizarán relacionadas actividades coa presentación da identidade e posta en valor.
Tamén haberá unha ruta interpretativa. Ademais, todas estas accións serán abertas ao público e de balde con inscrición previa. No caso de Cabanas terá lugar o 4 de abril.