Home / Eume / Cabanas / Cabanas quere crear a súa primeira compañía de teatro infantil

Cabanas quere crear a súa primeira compañía de teatro infantil

FERROL360 | Venres 14 setembro 2018 | 9:40

O Concello de Cabanas quere crear a primeira compañía de teatro infantil do municipio. Con este obxectivo, a Concellería de Cultura pon en marcha unha actividade de teatro na súa programación para o curso 2018-2019.

A iniciativa diríxese a nenos e nenas que cursen primeiro de Educación Primaria en adiante e as clases desenvolveranse no CEIP Eladia Mariño todos os venres de 17.30 a 19.00 horas. Así, durante o ano escolar realizaranse actividades que impulsarán a imaxinación dos nenos e axudaralles a desfacerse da vergoña, a comunicarse entre eles e a traballar en equipo.

O teatro é unha actividade que, a través de todo tipo de xogos, procura mellorar as expresións corporal e oral, usando sempre a creatividade. Como o teatro baséase en contar historias, a actividade concluirá o curso cun proxecto final que será o de representar unha obra de teatro.

O prazo de inscrición xa está aberto e debe formalizarse no Rexistro Xeral da casa consistorial ou vía telemática. Os impresos están dispoñibles na web municipal www.cabanas.gal. Para máis información se pode chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext.3 e o prazo conclúe o día 19 de setembro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*