Home / Actualidad / Cabanas recupera a súa Escola Laica como un gran espazo cultural

Cabanas recupera a súa Escola Laica como un gran espazo cultural

Os representantes políticos visitaron o espazo (foto: Deputación)

FERROL360 | Venres 24 xaneiro 2020 | 10:16

O Concello de Cabanas continúa co seu proxecto de rehabilitación da Escola Laica para convertela nun gran espazo cultural. Unha iniciativa que conta co apoio técnico e económico da Deputación da Coruña, cun investimento de 190.000 euros nos últimos anos.

Este xoves o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, visitaron este antigo edificio indiano, que foi obxecto de diversas fases de obras de reforma.

Estas actuacións incluiron a completa renovación da cuberta, a eliminación das filtracións de auga da fachada, o adecentamento exterior do inmoble e a construción dun amplo salón de actos no seu interior.

«Trátase dun edificio catalogado, un equipamento público que forma parte do patrimonio histórico de Cabanas e que, co seu uso futuro como Casa da Cultura, volverá a ser dedicado aos fins culturais para o que foi creado», afirmou o presidente da Deputación que expresou a súa satisfacción de que os fondos que a institución provincial achega aos concellos a través do Plan Único contribúan a desenvolver proxectos coma este.

O alcalde, Carlos Ladra, anunciou que o goberno municipal seguirá apostando pola recuperación da Escola Laica, destinando parte dos fondos do POS+2020 a ampliar o espazo de aparcamento do recinto, que se queda pequeno para o uso futuro que pretenden darlle a esta infraestrutura.

«Ademáis, necesitamos habilitalo por dentro con butacas para o salón de actos, estanterías para usar parte das instalacións coma biblioteca…para o que solicitamos o apoio e a colaboración da Deputación», afirmou o rexedor cabanés, que sostivo que os seus plans son poder comezar a darlle uso a parte do inmoble a finais deste ano ou principios de 2021.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies