Home / Eume / Cabanas / Cabanas rendirá homenaxe a Elisa Abruñedo no cabodano do seu asasinato

Cabanas rendirá homenaxe a Elisa Abruñedo no cabodano do seu asasinato

FERROL360 | Xoves 28 agosto 2014 | 13:46

Hai case un ano que Cabanas tinguíase de negro cando un veciño atopaba o corpo sen vida de Elisa Abruñedo. Esta muller de Lavandeira foi asasinada pero o caso está aínda sen resolver. Precisamente para reclamar que a investigación non caia no esquecemento, así como para amosar o seu apoio á familia de Elisa, este luns Cabanas rendiralle unha homenaxe na súa lembranza.

O acto será ás 20:00 horas no Parque do Areal, xunto á Caseta de Información de Turismo, e está organizado polo Concello e a Asociación de Mulleres Cabanas Rural. «Ninguén se esquece de Elisa Abruñedo», di o comunicado remitido polo Concello de Cabanas que pide que «se continúen os traballos para resolver este crime que supuxo un gran impacto» no municipio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies