Home / Eume / Cabanas / Cabanas reparte de balde composteiros entre a veciñanza para impulsar a compostaxe doméstica

Cabanas reparte de balde composteiros entre a veciñanza para impulsar a compostaxe doméstica

Composteiro que recibirán os veciños interesados (foto: Concello Cabanas)

Composteiro que recibirán os veciños interesados (foto: Concello Cabanas)

FERROL360 | Venres 13 setembro 2019 | 10:08

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente, vén de pór en marcha un plan de compostaxe doméstico, que ten como principal obxectivo a implicación da veciñanza na redución dos residuos xerados, contribuíndo así a mellorar o medio ambiente e, ao tempo, reducir a factura anual de recollida de lixo.

Para facilitar a participación da veciñanza nesta iniciativa, o Concello de Cabanas repartirá, en colaboración con SOGAMA e de maneira gratuíta, composteiros de uso doméstico de 400 litros de capacidade, que serán entregados por orde de petición.

O prazo para solicitar un composteiro xa está aberto e as persoas interesadas deben entregar no Rexistro unha instancia que poden atopar tanto na páxina web cabanas.gal como nas oficinas municipais, co compromiso de participar no plan e asistir a unha formación presencial sobre o tema que se realizará unha vez que se complete o reparto.

A compostaxe fai posíbel a eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e a que supón maior custe de tratamento, dun xeito natural e outorgando a eses residuos unha segunda vida como abono.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies