Home / Eume / Cabanas / Cabanas retomas as rutas de sendeirismo cunha andaina ata o Marco do Salto

Cabanas retomas as rutas de sendeirismo cunha andaina ata o Marco do Salto

FERROL360 | Mércores 17 xaneiro 2018 | 18:28

O Concello de Cabanas retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural do municipio a veciños e visitantes. A primeira saída será o sábado 27 de xaneiro e as camiñatas terán lugar os últimos sábados de cada mes.

A proposta para xaneiro contempla unha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Terá duración estimada de case tres horas e dará comezo ás 10.00 horas. Para participar é preciso inscribirse previamente na Concellería de Deportes, na pranta baixa da consistorial, no correo electrónico: cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3.

Trátase dun percorrido circular que ofrece algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira de Cabanas. A ruta descubre xoias arquitectónicas como a igrexa parroquial de San Andrés, do século XVIII, ou a Casa Palacio, ou monumentos megalíticos como o Marco do Salto.

As persoas que participen deberán levar calzado cómodo e con boa suxeición.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies