Home / Eume / Cabanas / Cabanas Rural celebrará unha nova edición do Mercado de Nadal este domingo

Cabanas Rural celebrará unha nova edición do Mercado de Nadal este domingo

FERROL360 | Martes 8 decembro 2015 | 11:30

A Asociación de Mulleres Cabanas Rural organiza o IV Mercado de Nadal este domingo, no Pavillón de Lavandeira. A cita terá lugar desde as 12:00 e ata as 19:00 horas.

Máis de 50 expositores participarán este ano no mercado no que se poderán atopar artigos navideños, artesanía, panaderia, turróns, coiro, xoguetes, prantas, chocolate, churros, etc.

Ademais, Cabanas Rural preparará unhas racións de callos que se poderán degustar entre as 13:00 e as 16:00 horas, ó prezo de 5 euros, incluíndo pan e viño. Ao longo do dia haberá chocolate quente, que se poderá completar con churros.

Desde a asociación indican que contarán coa presenza de Do Acibreiro e os seus agasallos,Trebellos que irá cargado de xoguetes orixinais, Campo Capela con produtos da zona, cesteiros que innovan con adornos para a árbore de Nadal, etc.

Ao longo da tarde o Apalpado fará as delicias dos máis pequenos e coma todos os anos levará un agasallo para cada un dos nenos que nese momento se atopen no pavillón visitando o Mercado do Nadal.

Cabanas Rural anima a toda a comarca a visitar o Mercado do Nadal, a preparar as compras degustando un chocolate quente ou unha ración de callos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies