Home / Cultura / Calros Silvar imparte un obradoiro de debuxo ao natural en Fene

Calros Silvar imparte un obradoiro de debuxo ao natural en Fene

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 20:47

Últimos días para apuntarse ao obradoiro de balde que o artista ferrolán Carlos Silvar impartirá no Museo do Humor de Fene o vindeiro xoves 20 de maio. Programado no marco do proxecto Viñetas no Camiño, posto en marcha polo Concello de Fene ao abeiro da iniciativa O Teu Xacobeo da Xunta, servirá para aprender máis sobre debuxo do natural e conmemorar o Día Internacional dos Museos.

Será de 16:00 a 20:00 horas e eminentemente práctico para realizar bosquexos ao natural, tanto de paisaxe coma de seres vivos. Está pensado para persoas que teñan nocións básicas de debuxo e que o practiquen con certa frecuencia. A inscrición é de balde enviando un correo ao enderezo vinetasdocamino@fene.gal.

O obradoiro de Silvar será o primeiro dun programa que se prolongará no mes de xuño polos centros educativos de Fene da man de artistas como Laura Bouza, Carmen Martín, Blanca Esgrigas, Beatriz Seijo e Dulce Anca. Tamén haberá un Encontro de Ilustradores, un ciclo de contacontos e música, Humor Peregrino, e unha Andaina Debuxada o 12 e 13 de xuño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies