Home / Ferrol / Fene / Campus deportivos nos meses de verán en Fene para ter entretidos aos peques

Campus deportivos nos meses de verán en Fene para ter entretidos aos peques

FERROL360 | Venres 5 xuño 2015 | 15:43

O Concello de Fene organiza diferentes campus deportivos nos meses de verán dirixidos ós pequenos da casa. Así, reeditarase o Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” e haberá un Campamento Lúdico Deportivo e o Campus de Ximnasia Artística e Trampolín. O prazo de inscrición abrirase o 23 de xuño no departamento de Cultura e Deportes.

O II Campus Feminino de Fútbol Sala está destinado a nenas e rapazas de entre 5 e 18 anos. Celebrarase entre o 13 e o 24 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas e no pavillón polideportivo da Xunqueira. O número de prazas está limitado a 30. A cuota de participación é de 28,20 euros e o prazo de inscrición vai do 23 de xuño ao 8 de xullo.

Contará con xogos e actividades multideporte, exercicios de técnica de fútbol sala, actividades ao aire libre nos arredores do pavillón e praias do concello, minipartidos, competicións e a visita de xogadoras internacionais coa selección española de fútbol sala feminino e da Primeira División Nacional.

O Campus de Ximnasia Artística e Trampolín está dirixido a nenos e nenas maiores de catro anos. Celebrarase entre o 27 e o 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e, tamén, terá como escenario o pavillón da Xunqueira. A inscrición debe realizarse entre o 23 de xuño e o 22 de xullo, a actividade é gratuíta e as prazas están limitadas a 40.

A programación inclúe xogos colectivos; exercicios de coordinación, control corporal, axilidade e equilibrio; iniciación á ximnasia artística e ao trampolín e obradoiros de manualidades e pintura. Conta coa colaboración da Escola de Ximnasia Ferrolterra.

Por último, o Campamento Lúdico Deportivo está pensado para nenos e nenas de catro a doce anos. Desenvolverase entre o 3 e o 14 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:30 a 14:00 horas e no CMI Unidade de Fene.

Entre os xogos previstos, xincanas en exteriores, actividades acuáticas e na piscina, obradoiros e actividades creativas, multideporte, xogos populares e concursos. As prazas están limitadas a 30 e a cuota é de 28,20 euros. A inscrición, entre o 23 de xuño e o 28 de xullo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies