Home / Actualidad / Cari?o avanza no seu plan especial de saneamento de augas residuais en n?cleos rurais

Cari?o avanza no seu plan especial de saneamento de augas residuais en n?cleos rurais

ARY L?PEZ | M?rcores 27 novembro 2013 | 18:51

A Conseller?a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fac?a p?blico no Diario Oficial de Galicia este m?rcores o proxecto de infraestruturas para sanear as augas residuais no Concello de Cari?o.

Este Plan Especial de Infraestruturas (PEI), que elaborou o Concello por iniciativa do grupo de goberno, redactouse para completar o saneamento das augas residuais de todo o municipio incluindo a parroquia de Landoi, xa que no actual PXOM non figuraba.

O PEI aprobouse no pleno do mes de maio e, posteriormente, a Secretar?a Xeral de Calidade e Avaliaci?n Ambiental da Xunta deulle o visto e prace aclarando que non era necesario sometelo a avaliaci?n ambiental, xa que segundo indicou ?non se prev?n efectos ambientais significativos determinantes?.

De feito, este informe di que o desenvolvemento do plan especial ?ter? efectos ambientais positivos?, xa que ?cumpre coa lexislaci?n comunitaria e nacional sobre protecci?n de recursos h?dricos e espazos protexidos?. Malia resultaren favorables os informes, Augas de Galicia determinou unha serie de actuaci?ns a ter en conta para evitar consecuencias negativas sobre o litoral pr?ximo.

Dende o consistorio, sinalan que nas d?as primeiras fases o plan estenderase ao longo das marxes nas estradas CP-6118 e CP-6119 e por distintas pistas municipais. A rede dar? servizo a t?dolos n?cleos da parroquia e contar? con tres colectores principais e tres estaci?ns de bombeo. O orzamento previsto para estes tramos ronda os 200.000 euros.

A?nda quedan tres proxectos m?is pendentes, que incorporar?n novos n?cleos rurais dentro da parroquia de Landoi ao sistema actual de alcantarillado. O goberno local apunta que completar o plan de saneamento foi ?unha das nosas prioridades desde o primeiro d?a, e a?nda que os procedementos son lentos, est? todo encami?ado?.

O plan especial de infraestruturas para Cari?o ter? incidencia sobre varios n?cleos rurais da parroquia de Landoi (mapa: Xunta de Galicia)

O plan especial de infraestruturas para Cari?o ter? incidencia sobre varios n?cleos rurais da parroquia de Landoi (mapa: Xunta de Galicia)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies