Home / Ortegal / Cariño / Cariño busca fotografías antigas que reflictan o estilo de vida das mulleres do municipio no século XX

Cariño busca fotografías antigas que reflictan o estilo de vida das mulleres do municipio no século XX

FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 13:35

O Concello de Cariño pide a colaboración dos veciños da localidade para recompilar fotografías antigas que reflictan o estilo de vida, as labores e os traballos realizados por mulleres do municipio ao longo do século XX. O proxecto está relacionado coa conmemoración do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo.

As fotografías formarán parte dunha exposición fotográfica que pretende facer visible o estilo de vida das mulleres de Cariño ao longo do século pasado, moi vinculadas á terra e ao mar. Homenaxeando desta forma ás súas antecesoras.

As fotografías poden entregarse en formato papel, unha copia, ou en formato dixital. Onde se pode entregar o material? En Educación Familiar, na Casa do Concello, 1º andar ata o 20 de febreiro.

Para máis información pódese contactar co teléfono: 981.420.059 ou o enderezo electrónico: educacionfamiliar@concellodecarino.com.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies