Home / Ortegal / Cariño / Cariño celebra a semana do libro con diversas actividades coma un obradoiro de títeres

Cariño celebra a semana do libro con diversas actividades coma un obradoiro de títeres

FERROL360 | Mércores 23 abril 2014 | 13:58

Experimentar unha maneira diferente de contar historias, e, sobre todo, fomentar a imaxinación entre os máis pequenos. Estes son os principais obxectivos dunha actividade lúdica que o Concello de Cariño desenvolveu na tarde de onte.

Na hora habitual dos contacontos programados para o público infantil, persoal do departamento de bibloteca e animación sociocultural prepararon un obradoiro de ‘Títeres nas mans’. Del, puideron gozar ata unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos.

Deste xeito, debuxaron en cadansúa man, unha personaxe que protagonizou o relato elaborado en conxunto e que compartiron de maneira grupal.

Ata unha vintena de nenos e nenas participaron no obradoiro de 'Títeres nas mans' en Cariño (cedida)

Ata unha vintena de nenos e nenas participaron no obradoiro de ‘Títeres nas mans’ en Cariño (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*