Home / Ortegal / Cariño / Cariño celebra este domingo o XIII Festival Mariñeiro da Coral Polifónica

Cariño celebra este domingo o XIII Festival Mariñeiro da Coral Polifónica

FERROL360 | Sábado 14 setembro 2013 | 16:28

O Concello de Cariño ten unha ampla tradición musical que se manifesta principalmente en colectivos como a Banda de Gaitas San Xiao do Trebo, a Rondalla ou a Coral Polifónica. A esta última, nacida en 1988, compóñena 33 voces mixtas que seguen as directrices marcadas pola batuta de Juan José Prieto Pastor.

Os membros da Coral, ademais de organizar en xullo a Mostra Internacional da Canción, tamén celebran o Festival Mariñeiro no mes de setembro.

O motivo desta cita é renderlle homenaxe a un veciño mariñeiro, preparando unha xornada de actuacións levadas a cabo por diferentes conxuntos vocais. Nesta ocasión, o afortunado é Manuel Díaz Martínez, nacido en 1923 e vinculado ao traballo no mar durante moitos anos.

A décimo terceira edición desta cita terá lugar este domingo a partir das 18:30 horas no Auditorio Municipal. Haberá unha misa cantada pola Coral Polifónica de Cariño, e a continuación actuarán a Polifónica de Carral e a Agrupación Coral Soto del Barco.

O conxunto anfitrión pechará o acto lembrando aos compañeiros Lolo e Pepe Luis, interpretando a canción Cariño Meigo.

O XIII Festival Mariñeiro da Coral Polifónica celébrase este domingo no auditorio municipal

O XIII Festival Mariñeiro da Coral Polifónica celébrase este domingo no auditorio municipal

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies