Home / Ortegal / Cariño / Cariño celebra este sábado a Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada e a XXV Mostra da Canción

Cariño celebra este sábado a Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada e a XXV Mostra da Canción

FERROL360 | Xoves 30 xullo 2015 | 17:58

A festa está asegurada este sábado en Cariño coa celebración de dous dos eventos máis importantes do municipio, a XIV Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada e a XXV Mostra da Canción. Día de celebración no que non faltará a música, a boa gastronomía e mesmo un mercado de oportunidades.

A Praza Roxa de Cariño, no paseo marítimo, acollerá a partires do mediodía a celebración da Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada. As racións de caldeirada de peixe será a 7 euros e de sardiñas lañadas a 5 euros. O prezo é por persoa e inclúe pan e viño.

Haberá unha carpa cuberta con mesas e cadeiras para poder gozar da xornada, que estará amenizará por un grupo musical. Ademais, celebrarase o VI Mercado de Oportunidades organizado polo comercio local nas inmediacións da Praza Roxa.

Xa pola tarde, a partires das 20:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a XXV Mostra da Canción. Un festival de corais organizado pola Coral Polifónica de Cariño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies