FERROL360 | Xoves 9 outubro 2014 | 12:35
O Concello de Cariño ten aberto o prazo de inscrición nos cursos de manexo de tablets para maiores. Uns cursos gratuítos para os que non é preciso contar con ningún tipo de material.
Feás e Landoi serás as localizacións nas que se desenvolverán estes obradoiros, que teñen unha duración de 20 horas e comezan a segunda quincena de outubro en horario de tarde.
As prazas son limitadas e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 607 567 896.