FERROL360 | Xoves 25 setembro 2014 | 17:29
A pintora e escultora madrileña Carlota Cuesta, que recentemente amosou os seus Divertimentos na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene, dooou unha das súas obras ao Museo do Humor.
Trátase de Trono do Demo, unha cadeira transformada en clave de humor que parte da idea de reconvertir unha cadeira corrente nunha especie de trono do demo. A obra formou parte da exposición internacional Objetos disfrazados que se realizou en 2011 na galería Ra del Rey, en Madrid.
A relación de Carlota Cuesta co Museo do Humor de Fene iniciouse hai un ano, froito dunha visita da artista a Fene e ao Museo do Humor, onde a artista descubriu un dos debuxos do seu pai, o debuxante Ismael Cuesta.
A raíz daquel primeiro contacto, Cuesta doou ao Concello de Fene cinco orixinais de Forges, debuxos humorísticos que datan da década dos 70 e que o propio Forges entregou no seu día ao seu pai.
Tamén doou ao Museo dous dos seus “Divertimentos”Divertimentos, dous forzudos que pertencen á serie Viva el circo e, xa máis recentemente, un sillón transformado en clave de humor.