Home / Sociedad / En femenino / Carme Adán presenta este venres en Neda o seu libro ‘Feminicidio’

Carme Adán presenta este venres en Neda o seu libro ‘Feminicidio’

FERROL360 | Ventes 29 marzo 2019 | 13:36

Coa presentación do libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, de Carme Adán, Neda porá fin aos actos organizados polo Concello con motivo do Día da Muller, o 8M.

A Casa das Palmeiras acollerá este venres a celebración dun acto que dará comezo ás 20.30 horas e no que participarán a autora dunha obra na que se analiza a violencia contra as mulleres e a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón.

Carmen Adán Villamarín é doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Foi deputada no Parlamento de Galicia e secretaria xeral de Igualdade co goberno bipartito da Xunta de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies