Home / Cultura / Carvalho Calero fai avivar o enxeño en Santa Mariña do Monte

Carvalho Calero fai avivar o enxeño en Santa Mariña do Monte

Fran da Lobeira publicou o adianto do traballo (foto: Concello de San Sadurniño)

FERROL360 | Domingo 17 maio 2020 | 13:45

Veciños de Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño, prepararon nos últimos meses a montaxe da peza teatral «A farsa das zocas», de Ricardo Carvalho Calero, cuxa estrea en público terá que agardar pola pandemia. É máis, ese texto de 1948 toma «como punto de partida unha historia que procedía de San Sadurniño», segundo a estudosa Mari Carmen Suárez Rey.

Esa obra combina humor, a picaresca tanto dos humildes como da burguesía e a cultura popular galega. O youtubeiro Fran da Lobeira exerce un dos papeis destacados e vén de publicar en YouTube un adianto desa creación dramática, que para a concelleira de Cultura, Amparo Calvo, pon en valor as inquedanzas culturais nesa parroquia.

«A farsa das zocas» xa foi representada por xente moza da parroquia no ano 1993, lembra o Concello. A Covid-19 puxo o freo aos meses de ensaios, pero os implicados pretenden achegar esta obra en canto sexa posible «a quen desexe pasar un anaco ameno». A súa mensaxe, «actuemos con responsabilidade hoxe» para pasalo ben de novo moi pronto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies