Home / Cultura / Case 2.400 persoas visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos

Case 2.400 persoas visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos

FERROL360 | Luns 8 xaneiro 2018 | 12:43

Nos catro meses que leva aberto o Centro de Interpretación de Caldoval, xa visitaron o xacemento preto de 2.400 visitantes. A cifra, indican desde o Concello de Mugardos, está por riba das expectativas iniciais e confirma a importancia que este recurso ten como catalizador do turismo e a economía local da vila.

Así, desde o goberno municipal apostan por darlle un pulo á instalación a través da organización de visitas guiadas e de diferentes actividades e eventos que contribúen a atraer persoas de toda a comarca e tamén de distintos puntos de Galicia e de todo o Estado.

Tamén destaca o interés que está a espertar entre os grupos escolares, que poden visitalo de balde e atopar actividades deseñadas á medida dos diferentes niveis educativos. A concelleira de Patrimonio Histórico, Lola González, estima que ademais de poñer en valor os restos arqueolóxicos, Caldoval «está a ser moi ben valorado pola súa estrutura e a oportunidade de facer actividades en familia, xuntando xogo e aprendizaxe».

A edil afirma que «sorprende e agrada ler os comentarios no libro de visitas, nos que se salienta a importancia dos restos e o trato e as explicacións recibidas». González confirma ademais a intención do goberno local e da empresa encargada da xestión do centro de continuar traballando para consolidalo como un referente e ofrecer máis actividades ligadas á historia do legado romano.

O horario de apertura do Centro de Interpretación de Caldoval é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies