Home / Actualidad / Catalina García, candidata PSOE Narón: «O mellor foi poder axudar a esas 1.300 persoas que atendemos dende o Centro de Recursos Solidarios»

Catalina García, candidata PSOE Narón: «O mellor foi poder axudar a esas 1.300 persoas que atendemos dende o Centro de Recursos Solidarios»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:56

Catalina María García Blanco leva doce anos militando no PSdeG-PSOE e desde o ano 2004 é a secretaria xeral da agrupación socialista de Narón. Para esta naronesa de adopción, xa que naceu en Chanteiro, estas serán as súas terceiras eleccións como cabeza de lista do partido.

Antes de entrar en política, a candidata socialista pasou por diferentes traballos. Así, estivo no sector textil, servizos e hostalería, tamén foi autónoma no sector da alimentación e traballou como administrativa, canguro e coidadora. Tocoulle tamén pasar un tempo no paro, “como calquera cidadán de a pé”.

FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso
CATALINA GARCÍA – É un drama o que están a pasar as persoas afectadas pola Cooperativa de Pedroso, nós estamos a darlles o noso apoio, dándolles firmas, trasladando a súa voz ao Parlamento Galego por medio dos nosos representantes, non ten fácil solución, pero estaremos colaborando e axudando no que sexa posible. A solución pasa por modificar a normativa vixente para que non sucedan máis casos como este. Que si as cooperativas teñen sección de creto, esta teña un NIF individual, e que exista un órgano de control que funcione de verdade para non chegar a estas situacións. Aínda que iso non lle corresponde ao Concello si que se pode solicitar ás administracións correspondentes.

360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son irrenunciábeis para Narón nos
vindeiros catro anos? E que dependan so do goberno local?
CG – Irrenunciables o novo Centro de Saúde e por suposto o saneamento e abastecemento de auga no municipio, para o que precisaremos da Xunta de Galicia. Que dependan do goberno local, construír unha nave propia para o Centro de Recursos Solidarios e incrementar o orzamento para a axuda no fogar de libre concorrencia, mentres non se recupere a Lei de Dependencia, porque non podemos permitir que se nos morra a xente sen ter un mínimo de atención.

360 – Destaque tres iniciativas do seu programa
CG – A mesa estable pola formación e o emprego, con prospección e difusión do noso chan industrial e as súas potencialidades fora das nosas fronteiras para atraer e asentar novas empresas nos nosos polígonos. Concertar co resto de concellos da Comarca servizos como a recollida de lixo, abastecemento de auga, transporte, parque comarcal de bombeiros e servizos técnicos de urbanismo para abaratar custos e dar un mellor servizo.

Impulso á participación cidadá, facendo os primeiros orzamentos participativos, facendo consultas en materias importantes como pode ser o Plan de Ordenación Municipal, dando transparencia ás contratacións e á concesión de subvencións e convenios. Abrir as portas do Concello á cidadanía e facer Narón con eles e elas.

360 – Cales son as súas propostas para impulsar o emprendemento?
CG – Destacaría, a creación dun viveiro de empresas onde podan ter os servizos básicos para votar a andar a súa empresa ou negocio, cunha sala de xuntas onde poder tratar cos seus posibles proveedores e clientes. A busca de acordos coas entidades financeiras para habilitar créditos que lles faciliten a posta en marcha do seu proxecto.

A creación de rúas comerciais na Gándara, O Alto e Xuvia, para potenciar o comercio e converter o noso concello en máis CIDADE. Concertar co resto de concellos da Comarca e axentes sociais para volver a iniciar un proxecto de reindustrialización que nos saque do actual agotamento.

360 – Narón acadou os 40.000 habitantes, que iniciativas propoñen para continuar na senda do
crecemento?
CG – Somos a reserva de nenos e nenas da comarca, un concello xoven, polo tanto as propostas para acadar inversión e creación de emprego, a concertación de servizos co resto de concellos da comarca para que sexan mellores cun menor custo, a negociación para ter un novo colexio ou a ampliación da rede de ludotecas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral, entre outras propostas, farán que Narón sexa unha cidade para vivir, construída de acordo cos seus habitantes. Unha cidade na que eses nenos e nenas poderán formarse, traballar e asentar as súas familias cunha boa calidade de vida.

A configuración urbanística e de servizos é a de cando tiñamos a metade de habitantes, polo que hai que adaptala á nova dimensión, e temos que converter o modelo disperso e inconexo que temos noutro adaptado ao presente e con miras de futuro, ver por onde temos que medrar e cómo e qué servizos se precisan, por suposto da man dos veciños e veciñas.

Catalina García é a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón (cedida)

Catalina García é a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón (cedida)

360 – Que foi o mellor e o peor deste último mandato?
CG – O mellor poder axudar a esas 1300 persoas que atendemos dende o Centro de Recursos Solidarios, encontrar a tanta xente solidaria e cooperadora para mellorar un pouco a vida das persoas que peor o están a pasar, por exemplo. Pero moitas cousas. O peor non ter máis concelleiros e concelleiras socialistas para demostrar que se poden facer moitas cousas doutro xeito. Non ter acadado acordos coas outras administracións para sacar esta comarca a flote, polo feito de ter siglas políticas diferentes, porque iso me indica que non se traballa pola cidadanía que é para o que se nos vota.

360 – En xeral, se sinte satisfeita do traballo realizado?
CG – Eu nunca estou totalmente satisfeita, porque son moi autocrítica, pero estou contenta de deixar a pegada dos socialistas na solidariedade, na loita pola igualdade de oportunidades, na integración dos colectivos máis desfavorecidos, na atención ás persoas dependentes visitándoas nas súas casas, estando ao lado dos traballadores en problemas como Megasa, Privilege ou Poligal, e por suposto na participación cidadá creando a escola de participación, aínda que é onde non estou de todo satisfeita porque hai que facer moito máis e así o levo marcado como materia a recuperar no vindeiro curso.

360 – Con quen estaría disposto a pactar, con quen non, e por que?
CG – Nos presentamos para ganar, non pensando en pactos, iso despois de ver os resultados do 24 será cando se poña enriba da mesa. Pero o que si temos claro é que co PP non haberá pacto posible porque representamos políticas opostas, non defendemos o mesmo. Poderiamos chegar a algún acordo puntual que beneficie á cidadanía, pero non pactar.

360 – Por que se presenta como candidata á Alcaldía?
CG – Porque teño moito que aportar para mellorar Narón, porque me importan as persoas por enriba de todo e o teño demostrado nos anos que levo no concello porque me gusta poñer o meu grao de area en facer de Narón unha CIDADE con maiúsculas na que vivir con seguridade, calidade de vida e en igualdade, e iso como socialista o levo no meu ADN. Porque son unha persoa honesta, humilde, traballadora e con capacidade. Porque aínda hai moito que facer.

Publicidad

Banner parque ferrol

7 comentarios

  1. Sí, como a Daniel Rodríguez Dopico. 600 € para 3 meses de estadía en Madrid… Mentireira!

    • Socialista convencido

      Las ayudas económicas del Ayuntamiento las hacen las trabajadoras sociales en base a un expediente, no las hacen los políticos

  2. la pregunta en sencilla y que hizo esta señora por los Naroneses los últimos cuatro años a parte de de cobrar su sueldo y contribuir al empobrecimiento de los ciudadanos de narón, a el cambio del reglamento de participación ciudadana pará que los vecinos de narón no puedan intervenir en el pleno municipal y la prohibición de utilizar los locales municipales y vender milongas y palabrería barata que es gratis

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies