Home / Actualidad / Catalina García di que Narón é «a reserva dos cidadáns do futuro» co maior número de nenos por habitante da comarca

Catalina García di que Narón é «a reserva dos cidadáns do futuro» co maior número de nenos por habitante da comarca

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 19:32

Presentación este domingo da candidatura e do programa do PSOE de Narón para as elección municipais de maio coa candidata á Alcaldía, Catalina García, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. «Aquí en Narón participamos no goberno e a man do PSOE se nota e se sinte», dixo Besteiro que encomiou a posta en marcha do centro de recursos solidarios.

Tampouco se esqueceu o secretario dos socialistas galegos das contas pendentes co municipio e sinalou que reivindicarán «o centro de saúde e o saneamento da zona rural» e para elo «hai que ter forza no Concello». O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegurou que a candidata en Narón é «unha aposta segura e solvente».

Catalina García indicou que traballará para lograr unha cidade «máis solidaria, máis habitable, máis sostible e máis humana» e reclamará o lugar que merece como oitava cidade de Galicia. Así, fixo referencia aos 40.000 habitantes acadados hai uns meses e afirmou que «somos a reserva dos cidadáns do futuro» porque «disfrutamos do maior número de nenos por habitante da comarca».

A candidata reivindicou os valores socialistas e advertiu que sempre defenderán os dereitos dos traballadores. Así puxo de exemplo a manifestación do naval, da que acababa de chegar, e o compromiso cos traballadores de Megasa, Poligal ou Privilege «porque cando estiveron en dificultades ahí estaban os socialistas», aseverou Catalina García.

Abogou por abrir o Concello á cidadanía e ser totalmente transparentes, incrementar os recursos nas prestacións sociais, garantir a formación e o emprego, habilitar espazos de lecer para os mozos, potenciar o patrimonio e as tradicións, impulsar e publicitar as posibilidades do municipio para captar empresas que se asenten nos polígonos e seguir a diversificar o tecido empresarial.

Finalmente, Catalina García presentou un por un aos membros da candidatura para os que tivo palabras de cariño e afecto. Ao remate houbo unha degustación de comidas do mundo de Senegal, Ecuador, Venezuela, México, Colombia, Marrocos, Rumanía, Armenia, Rusia e España.

Feria Creativa

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies