Home / Ferrol / San Sadurniño (página 152)

San Sadurniño

‘Misión Sapiens’: o espectáculo que nos fará parecer máis listos ca un mono

ARY LÓPEZ | Luns 11 novembro 2013 | 15:19 Cinco son os continentes deste planeta. Ou eran seis? Porque Antártida non podería ser considerado como tal, ou si? Sexan cinco ou sexan seis… que máis ten? Poucos listillos se atreverán a discutirmo nunha conversa de ritmo lixeiro, interesante, culta e de contido intelixente. O que si sei seguro é que cinco son os actores de ‘Misión Sapiens’. Xoque Carbajal, Jouse García, Xabier Deive, Luis Iglesia e Marcos Orsi, -que tamén dirixe-, compoñen o elenco artístico dun espectáculo que ten por obxectivo desterrar a ignorancia da túa vida. Esa é a misión que deben cumprir estes homo sapiens que son expertos en grandes asuntos de interese para a nosa sociedade. Logo de velos no escenario, os resultados son varios: poderás converterte ...

Leer más »

O consenso entre goberno local e oposición caracteriza o pleno de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Sábado 9 novembro 2013 | 17:47 A xornada plenaria de este sábado no Concello de San Sadurniño estivo marcada polo consenso entre os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal. Ás once e media da mañá daba comezo a sesión ordinaria do pleno do mes de novembro que contou con dez puntos na orde do día. En liñas xerais, o debate político xirou en torno a tres mocións que viñeron da man do grupo do goberno. A primeira destas mocións presentadas polo BNG foi a relativa ao copago dos fármacos por persoas doentes crónicas. Os nacionalistas quixeron denunciar a proposta do goberno central coa que se pretende que os enfermos crónicos asuman o 10% do custo do medicamento que precisen, cun límite de 4’20 ...

Leer más »

Persoal técnico traballa para solucionar un fallo na subministración de internet a San Sadurniño

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 18:34 O Concello de San Sadurniño confirmou que o mal tempo deste xoves provocou un fallo na subministración eléctrica na antena do pico de Ferreira, que subministra internet a todo o termo municipal. Persoal técnico da firma Internetrural.eu traballa dende a mañá deste venres para detectar a orixe do problema, que o consistorio achaca ao vento, a unha chispa ou a un corte na liña. O goberno local sostén que o cambio cara á tecnoloxía vía satélite permite minimizar estes inconvintes, polo que propón esa opción aos veciños. Deste xeito, estima que se pode ofrecer un servizo de máis calidade e con máis capacidade. A firma responsable da rede municipal ofrece aos 300 usuarios da localidade o cambio de wimax a satélite de ...

Leer más »

Os actores Luis Iglesia e Xabier Deive visitan este domingo San Sadurniño coa súa obra Misión Sapiens

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 12:33 A axenda cultural de San Sadurniño ofrece pratos fortes para esta fin de semana. A oferta de ocio inclúe dúas obras teatrais e unha nova edición do programa Tempos para compartir. O sábado, na parroquia de Ferreira, terá lugar a representación de A historia de Brancaflor, da compañía Os sete magníficos máis un. Trátase dunha peza infantil onde Fran Rei protagoniza unha trama chea de probas, encantamentos, romances e maleficios. Unha narración ilustrada con diversos xogos de maxia. Será no local da Asociación de Veciños de Ferreira ás 17:00 horas do sábado. Tamén ese día, o local social de Santa Mariña acollerá unha sesión de Tempos para compartir, onde a veciña de Ferreira Cruz Piñón ensinará a elaborar marmelo de mazá e ...

Leer más »

O copago sanitario ou a prevención da violencia de xénero centrarán o pleno de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 6 novembro 2013 | 12:50 O pleno que o Concello de San Sadurniño celebrará o vindeiro sábado centrarase en tres mocións de peso a presentar polo grupo municipal do BNG. En primeiro lugar, o goberno local pedirá que a Xunta de Galicia desbote a súa decisión de aplicar o copagamento dos medicamentos de farmacia hospitalaria para enfermos crónicos. O que se pretende é instar á Xunta para que lle esixa ao Goberno central a derrogación desta resolución. En segundo lugar, reclamaranse fórmulas de financiamento municipal nas que se teñan en conta as características e necesidades propias dos concellos galegos, tales como a dispersión e o avellentamento da poboación. Por último, solicitarase ao Goberno galego que faga efectiva a Lei para a prevención e o tratamento da violencia ...

Leer más »

Martín Sanjurjo: «Muchos ‘me gusta’… pero logo vas aos concertos, e dos 500 me gusta, hai sete persoas»

ARY LÓPEZ | Venres 1 novembro 2013 | 14:23 Heteroxeneidade. Esta é a palabra que máis me presta empregar para definir a un grupo formado por diferentes xeracións, diferentes orixes, diferentes estilos e influencias musicais. Martín Sanjurjo podería ser o pai de Amparo Calvo e esta, á súa vez, a nai de Dubi Lamas. Balakandra é un sexteto peculiar, unha combinación difícil de atopar na actualidade e que consegue fuxir dos patróns musicais pechados para abrirse a un universo de acordes infinitos, de ritmos moi variables e de letras pensadas para chegar a calquera parte do mundo. Precisamente na diversidade dos seus músicos está o segredo da súa orixinalidade. Froito das distintas naturezas individuais xorde algo grande, produtivo, de riqueza única e distinción. Na noite do xoves, Balakandra subíu ao ...

Leer más »

San Sadurniño acompaña os magostos de Naraío e Igrexafeita con representacións teatrais

FERROL360 | Xoves 31 outubro 2013 | 13:12 Coa chegada do mes de novembro, inmersos no outono, o lume quenta e acompaña á degustación de castañas nos tradicionais magostos. Coincidindo coa ponte festiva desta fin de semana, San Sadurniño afonda nesta tradición e programa dúas festas, en Naraío e Igrexafeita, que terán como complemento perfecto outras tantas representacións teatrais. No caso de Naraío, Fran Rei fará posible A historia de Brancaflor, unha función dirixida ao público infantil e da que poderán gozar os máis pequenos dende as 18:30 horas. Pero haberá máis propostas. Así, ás 17:00 horas, os nenos poderán participar nun concurso de caveiras organizado pola asociación veciñal O Castelo. Coas súas creacións farán posible unha procesión pola parroquia, que dará comezo ás 19:30 horas xunto a gaiteiros da ...

Leer más »

Marea laranxa en San Sadurniño polos servizos sociais nas administracións locais

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Mércores 30 outubro 2013 | 17:26 «Si aos servizos sociais no teu Concello». Ese foi o lema que corearon as máis de cincuenta persoas que se congregaron na mañá deste mércores na praza do Concello de San Sadurniño. A iniciativa, promovida pola plataforma independente de profesionais dos servizos sociais, tivo como motivo conformar unha marea laranxa; unha metáfora para alertar do desmantelamento do sistema actual de servizos sociais nas administracións locais. Profesionais do colectivo afectado, apoiados por membros do equipo do goberno e decenas de veciños e veciñas da comarca, quixeron manifestar o seu rexeitamento ao inminente proxecto de lei de reforma dos concellos aprobado polo Consello de Ministros o pasado mes de xullo. A reforma, denominada Proyecto de Ley de Racionalización y Sostenibilidad ...

Leer más »

Profesionais dos Servizos Sociais de San Sadurniño denuncian o «desmantelamento» do servizo cunha concentración

FERROL360 | Luns 28 octubre 2013 | 17:28 Os profesionais dos Servizos Sociais do Concello de San Sadurniño chaman á mobilización para «manifestar a nosa repulsa» polo «desmantelamento do actual sistema de servizos sociais». A concentración terá lugar o mércores día 30 de outubro ás 12:00 horas, na Praza do Concello de San Sadurniño. Dende a organización queren formar unha «marea laranxa», polo que piden ás persoas que vaian asistir que leven unha prenda desa cor ou mesmo globos, xa que a cor laranxa simbolizará a protesta. A iniciativa xurdíu dos profesionais dos Servizos Sociais de dez concellos da comarca das Mariñas, co obxectivo de «tentar visibilizar pobo a pobo, vila a vila, a perda que esta nova situación competencial suporá para a nosa xente». Para conseguilo, o 16 de ...

Leer más »

Localizan en San Sadurniño a dos jóvenes con 200 dosis de heroína en un vehículo

FERROL360 | Lunes 28 octubre 2013 | 14:42 Agentes de la Guardia Civil de Ferrol sorprendieron este domingo en un control a dos jóvenes con cerca de 200 dosis de heroína. Los detenidos fueron localizados al mediodía cuando viajaban en un vehículo por la autovía Ferrol-Vilalba, a su paso por San Sadurniño. El Instituto Armado informó que los individuos son vecinos de O Barco de Valdeorras. Fueron puestos a disposición del Juzgado de Instrucción número 1 de Ferrol en la mañana de este lunes. Se les imputa un delito contra la salud pública por tráfico de drogas.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies