Home / Ferrol / San Sadurniño (página 179)

San Sadurniño

Dúas centeas de alumnos do CPI de San Sadurniño iniciaron esta mañá o novo curso escolar

ARY LÓPEZ | Mércores 11 setembro 2013 | 19:52 O patio cuberto do colexio de San Sadurniño rozaba hoxe case que o límite de decibelios permitidos en espazos públicos. Os berros, as carreiras, os saúdos efusivos entre amigos e as despedidas -algunhas entre choros- de pequechos que comezaban o “colexio de maiores” compoñían a banda sonora desta mañá. A falta de dez minutos para o toque da serea, decenas de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos e cargados coas mochilas formaban unha fila quebrada polas chácharas que supoñen as historias do verán. Ás nove e media da mañá soa o timbre que indica a entrada nas aulas. Moitos xa levan estudada a lección e desfilan cara adentro do colexio que os verá medrar ...

Leer más »

San Sadurniño aproba a ordenanza que regulará as operacións de tala e depósito de madeira no municipio

FERROL360 | Luns 9 setembro 2013 | 12:46 O Concello de San Sadurniño celebrou o pasado sábado o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. Os seis puntos da orde do día desenvolveron, entre outras cousas, a creación dun ficheiro de datos referido ás cerimonias de acollemento civil, a aprobación inicial da ordenanza de saca de madeira e a determinación das festividades locais do ano que vén. Todos eles, xunto á acta da sesión anterior, foron aprobados por unanimidade polos tres grupos -BNG, PSdeG-PSOE e PP- que forman a corporación municipal. A ordenanza O punto que centrou a maior parte da sesión plenaria foi o relativo á ordenanza que regulará a actividade extractiva de madeira. Segundo o BNG, esta normativa «é froito da negociación con todos os concellos da bisbarra» ...

Leer más »

Bardaos festexa o San Pipote esta fin de semana

FERROL360 | Venres 6 setembro 2013 | 11:23 Santa María é a patroa oficial da parroquia de Bardaos, en San Sadurniño. Sen embargo, nos últimos anos foi gañando protagonismo o San Pipote, unha gran barrica de viño eloxiada en procesión nocturna. A tradición, que naceu en 1997, incrementa cada vez máis a súa popularidade, e na pasada edición, contou con preto de 6.000 asistentes. Os días de festa en Bardaos comezan o xoves, onde se organiza no local social un concerto dalgún grupo da comarca. Esta vez, Punta Norte e os ponteses No Cómbaro, foron os encargados de facer quentar os motores para os vindeiros días de troula. Hoxe venres, a tradicional misa do mediodía dará paso á sesión vermú coa orquestra Xente Nova, e ás seis da tarde comezarán ...

Leer más »

Abre o prazo de inscrición para un curso de fruticultura en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 3 setembro 2013 | 20:59 Coñecer ben de cerca a nosa flora e o entorno natural é algo que está ao noso alcance e que a longo prazo ofrece recompensa. O concello de San Sadurniño, en colaboración coa Asociación Galega de Froitas Autóctonas (AGFA) do Eume organizan para o mes de outubro un curso teórico e práctico de fruticultura. Saber cando plantar ou podar unha árbore para obter unha boa produción ou evitar as pragas e enfermidades que ameazan ás nosas froiteiras, son algunhas das cuestións que se abordarán nestas sesións que se desenvolverán ao longo de 21 horas de duración. Malia que aínda se descoñece a data de inicio -cómpre agardar para facer un grupo mínimo de 15 persoas-, a actividade levarase a cabo durante sete ...

Leer más »

Un percorrido pola feira máis autóctona de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | Martes 27 agosto 2013 | 13:12 A contorna da Cortiña de San Sadurniño acolleu o pasado sábado a quinta edición da Feira Rural, unha mostra que favorece o intercambio comercial entre veciños e anima á participación nas actividades deportivas e culturais que alí se desenvolven. Este punto de encontro entre comerciantes locais e produtores de froita autóctona ampárase na filosofía que faga potenciar o rural, favoreza o consumo sustentable dos nosos recursos e manifeste a atención e coidado das nosas especies animais e vexetais. Galería de imaxes da V Feira Rural de San Sadurniño Dende as dez e media da mañá, o numeroso público puido percorrer a senda próxima ao Río Grande de Xuvia para visitar a centea de expositores de artesanía, artigos de segunda man, froitas, ...

Leer más »

Xevi Pons acaricia la victoria tras un accidentado inicio del Rallye de Ferrol

FERROL360 | Sábado 24 agosto 2013 | 22:41 Desde la primera pasada de los pilotos participantes en el Rallye de Ferrol por el tramo San Sadurniño-As Somozas en la tarde del sábado, la dureza del recorrido fue más que evidente. En ese primer recorrido, varios de ellos ya se quedaban fuera de juego. Alberto Meira y Víctor Senra tuvieron que abandonar, frente a un Xevi Pons que logró el mejor tiempo. Sin embargo, afrontó la recta final de su trayecto con una rueda pinchada. Solo Luis Monzón pudo seguirle el ritmo, pero ya a 16,6 segundos. Los hermanos Vallejo, pese a su actuación destacada en los primeros tramos, fueron perdiendo distancia. Entre otros motivos, por una salida en un cruce, un pinchazo en una rueda trasera y una penalización por ...

Leer más »

A empresa ferrolana Equifer equipará o interior do Pazo da Marquesa de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | Venres 16 agosto 2013 | 18:22 A resolución da mesa de contratación do Concello de San Sadurniño acordou este venres adxudicar a Equifer as obras de equipamento interior do Pazo da Marquesa. O Concello convocara hai un mes o concurso para executar estes traballos, ao cal se presentaron un total de tres propostas. El Corte Inglés e Grumar foron as outras dúas candidatas interesadas en asumir o subministro e instalación do inmoble. O proxecto inclúe, entre outras cousas, o mobiliario de oficina e a instalación dun sistema de conferencias no futuro salón de plenos que será ubicado neste inmoble. Equipamento de Oficinas Ferrol S.L. foi a compañía que obtivo a maior puntuación no apartado relativo ao prezo. O importe de 127.117’45 euros foi o máis baixo en ...

Leer más »

El BNG pregunta al Gobierno Central si eliminará paradas en los servicios de Renfe en la comarca

FERROL360 | Martes 13 agosto 2013 | 18:32 El BNG pregunta al Gobierno Central, a través de una iniciativa en el Congreso, si se van a mantener todas las paradas del servicio ferroviario entre Ferrol y Ribadeo. Los nacionalistas quieren saber si se van a suprimir todas las paradas entre Ferrol y Ortigueira, exceptuando Xuvia y San Sadurniño. Desde el BNG preguntan al Gobierno “se vai a manter as paradas existentes, manténdoas alomenos como paradas facultativas, ou se, pola contra, vai seguir aplicando en Galiza unha política de indiferencia”. Los nacionalistas apuntan que el Ejecutivo está provocando un mal funcionamento de los servicios ferroviarios de forma deliberada, que “contrasta co levado a cabo noutras zonas como Asturias”. Para el BNG, la posible supresión de estas paradas no se justifica de ...

Leer más »

Olfacto canino nun simulacro de rescate de vítimas en San Sadurniño

FERROL360 | Luns 12 agosto 2013 | 19:02 A Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) realizou o pasado sábado un exercicio de adestramento canino na contorna do edificio anexo ao Pazo da Marquesa. Unha práctica que busca poñer a proba aos cans e utilizar o seu especial instinto na procura de persoas atrapadas baixo os cascallos dun derrubo. Membros de corpos de bombeiros e doutros grupos de intervención e rescate forman CASAGA, unha entidade sen fins lucrativos que traballa en colaboración coa Dirección Xeral de Protección Civil. Son oito equipos de busca formados por un can e o seu guía que se desprazan de maneira altruísta por toda Galicia e mesmo fóra para realizar este tipo de actuacións. Deste xeito, efectúan de media unhas dez intervencións anuais, buscando ...

Leer más »

O mes de setembro traerá un novo programa de conciliación familiar a San Sadurniño

FERROL360 | Luns 12 agosto 2013 | 16:32 ‘Setembro Concilia’ é o novo programa lúdico e educativo que o Concello de San Sadurniño desenvolverá durante a primeira semana de setembro. Para despedirse das vacacións do verán e antes de dar a benvida ao curso escolar, os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán acudir á Casa da Cultura desde o luns día 2 e ata o venres 6, en horario de nove e media da mañá a dúas da tarde. Algunhas das actividades que poderán realizar son obradoiros de globoflexia, xogos deportivos e piscina ou lecturas colectivas. O prazo das solicitudes está aberto desde este luns e ata o vindeiro martes 27 de agosto. Terán preferencia as familias empadroadas no concello de San Sadurniño ou aquelas que ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies