Home / Ferrol / San Sadurniño (página 183)

San Sadurniño

?Como fan os dem?is?

GIN?S CALDEVILLA | De quen v?s sendo? | Luns 18 novembro 2013 | 22:00 Envexa sana dame o Concello de San Sadurni?o. Preg?ntome como far?n os seus pol?ticos para que en este Concello te?an super?vit e no resto dos concellos de Ferrolterra te?an d?bedas ata as orellas; e por riba, sen acometer obras, sen tapar baches e o pouco que fan, fano nas peores datas. V?xase o que est?n a facer no Concello de Ferrol no Mercado Central en v?speras da campa?a de Nadal, cando pod?an facer un peso. Xa por non falar da mausoleica obra da Praza de Espa?a, os cartos que levan soterrados para deixala feita unha merda -perdoando a expresi?n-, porque non atopo outra m?is delicada para expresarme. Dan pena, de verdade. Volvendo ao Concello de San ...

Leer más »

San Sadurni?o solicita ? Deputaci?n a retirada de sinais que levan a direcci?ns err?neas

FERROL360 | S?bado 16 novembro 2013 | 13:22 O Concello de San Sadurni?o v?n de solicitarlle novamente ? Deputaci?n que se retiren varios indicadores do plan de dinamizaci?n tur?stica Ferrol-Ortegal. Dende o consistorio, afirman que se trata de sinais in?tiles que poden provocar confusi?ns. Explican que unha docea de indicadores dirixen a unha casa de turismo rural en Nara?o pechada dende hai dous anos. Tam?n critican que o ente provincial colocara alg?ns antes de Semana Santa en direcci?n ao aloxamento pechado. No seu momento, xa lle solicitaran a retirada porque, como apunta o edil de Cultura e Turismo, Manolo Varela, ?non hab?a traza de que o establecemento fose abrir de novo e porque se lle estaba dando unha informaci?n err?nea aos visitantes?. Os indicadores seguen no seu sitio e mesmo ...

Leer más »

San Sadurniño abre o prazo para inscribirse na II Xornada de Autoprotección ante a Violencia de Xénero

FERROL360 | Martes 12 novembro 2013 | 19:59 O vindeiro 25 de novembro terá lugar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Para non pasar por alto esta data significativa, a área de Educación e Igualdade do Concello de San Sadurniño ten preparadas diferentes actividades para desenvolver o sábado día 23. Por un lado, haberá un obradoiro de autoprotección ante a violencia de xénero co que se pretende ensinarlle ás mulleres participantes a xestionar positivamente situacións de risco. Docentes especializados en psicoloxía e en defensa persoal amosarán distintas técnicas para axudar a manter controlada unha situación perigosa ou como facer para defenderse e poder pedir axuda inmediatamente. Despois da sesión, haberá unha xuntanza de grupo para xantar e compartir experiencias. Será o segundo encontro deste tipo que ...

Leer más »

‘Misión Sapiens’: o espectáculo que nos fará parecer máis listos ca un mono

ARY LÓPEZ | Luns 11 novembro 2013 | 15:19 Cinco son os continentes deste planeta. Ou eran seis? Porque Antártida non podería ser considerado como tal, ou si? Sexan cinco ou sexan seis… que máis ten? Poucos listillos se atreverán a discutirmo nunha conversa de ritmo lixeiro, interesante, culta e de contido intelixente. O que si sei seguro é que cinco son os actores de ‘Misión Sapiens’. Xoque Carbajal, Jouse García, Xabier Deive, Luis Iglesia e Marcos Orsi, -que tamén dirixe-, compoñen o elenco artístico dun espectáculo que ten por obxectivo desterrar a ignorancia da túa vida. Esa é a misión que deben cumprir estes homo sapiens que son expertos en grandes asuntos de interese para a nosa sociedade. Logo de velos no escenario, os resultados son varios: poderás converterte ...

Leer más »

O consenso entre goberno local e oposición caracteriza o pleno de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Sábado 9 novembro 2013 | 17:47 A xornada plenaria de este sábado no Concello de San Sadurniño estivo marcada polo consenso entre os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal. Ás once e media da mañá daba comezo a sesión ordinaria do pleno do mes de novembro que contou con dez puntos na orde do día. En liñas xerais, o debate político xirou en torno a tres mocións que viñeron da man do grupo do goberno. A primeira destas mocións presentadas polo BNG foi a relativa ao copago dos fármacos por persoas doentes crónicas. Os nacionalistas quixeron denunciar a proposta do goberno central coa que se pretende que os enfermos crónicos asuman o 10% do custo do medicamento que precisen, cun límite de 4’20 ...

Leer más »

Persoal técnico traballa para solucionar un fallo na subministración de internet a San Sadurniño

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 18:34 O Concello de San Sadurniño confirmou que o mal tempo deste xoves provocou un fallo na subministración eléctrica na antena do pico de Ferreira, que subministra internet a todo o termo municipal. Persoal técnico da firma Internetrural.eu traballa dende a mañá deste venres para detectar a orixe do problema, que o consistorio achaca ao vento, a unha chispa ou a un corte na liña. O goberno local sostén que o cambio cara á tecnoloxía vía satélite permite minimizar estes inconvintes, polo que propón esa opción aos veciños. Deste xeito, estima que se pode ofrecer un servizo de máis calidade e con máis capacidade. A firma responsable da rede municipal ofrece aos 300 usuarios da localidade o cambio de wimax a satélite de ...

Leer más »

Os actores Luis Iglesia e Xabier Deive visitan este domingo San Sadurniño coa súa obra Misión Sapiens

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 12:33 A axenda cultural de San Sadurniño ofrece pratos fortes para esta fin de semana. A oferta de ocio inclúe dúas obras teatrais e unha nova edición do programa Tempos para compartir. O sábado, na parroquia de Ferreira, terá lugar a representación de A historia de Brancaflor, da compañía Os sete magníficos máis un. Trátase dunha peza infantil onde Fran Rei protagoniza unha trama chea de probas, encantamentos, romances e maleficios. Unha narración ilustrada con diversos xogos de maxia. Será no local da Asociación de Veciños de Ferreira ás 17:00 horas do sábado. Tamén ese día, o local social de Santa Mariña acollerá unha sesión de Tempos para compartir, onde a veciña de Ferreira Cruz Piñón ensinará a elaborar marmelo de mazá e ...

Leer más »

O copago sanitario ou a prevención da violencia de xénero centrarán o pleno de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 6 novembro 2013 | 12:50 O pleno que o Concello de San Sadurniño celebrará o vindeiro sábado centrarase en tres mocións de peso a presentar polo grupo municipal do BNG. En primeiro lugar, o goberno local pedirá que a Xunta de Galicia desbote a súa decisión de aplicar o copagamento dos medicamentos de farmacia hospitalaria para enfermos crónicos. O que se pretende é instar á Xunta para que lle esixa ao Goberno central a derrogación desta resolución. En segundo lugar, reclamaranse fórmulas de financiamento municipal nas que se teñan en conta as características e necesidades propias dos concellos galegos, tales como a dispersión e o avellentamento da poboación. Por último, solicitarase ao Goberno galego que faga efectiva a Lei para a prevención e o tratamento da violencia ...

Leer más »

Martín Sanjurjo: «Muchos ‘me gusta’… pero logo vas aos concertos, e dos 500 me gusta, hai sete persoas»

ARY LÓPEZ | Venres 1 novembro 2013 | 14:23 Heteroxeneidade. Esta é a palabra que máis me presta empregar para definir a un grupo formado por diferentes xeracións, diferentes orixes, diferentes estilos e influencias musicais. Martín Sanjurjo podería ser o pai de Amparo Calvo e esta, á súa vez, a nai de Dubi Lamas. Balakandra é un sexteto peculiar, unha combinación difícil de atopar na actualidade e que consegue fuxir dos patróns musicais pechados para abrirse a un universo de acordes infinitos, de ritmos moi variables e de letras pensadas para chegar a calquera parte do mundo. Precisamente na diversidade dos seus músicos está o segredo da súa orixinalidade. Froito das distintas naturezas individuais xorde algo grande, produtivo, de riqueza única e distinción. Na noite do xoves, Balakandra subíu ao ...

Leer más »

San Sadurniño acompaña os magostos de Naraío e Igrexafeita con representacións teatrais

FERROL360 | Xoves 31 outubro 2013 | 13:12 Coa chegada do mes de novembro, inmersos no outono, o lume quenta e acompaña á degustación de castañas nos tradicionais magostos. Coincidindo coa ponte festiva desta fin de semana, San Sadurniño afonda nesta tradición e programa dúas festas, en Naraío e Igrexafeita, que terán como complemento perfecto outras tantas representacións teatrais. No caso de Naraío, Fran Rei fará posible A historia de Brancaflor, unha función dirixida ao público infantil e da que poderán gozar os máis pequenos dende as 18:30 horas. Pero haberá máis propostas. Así, ás 17:00 horas, os nenos poderán participar nun concurso de caveiras organizado pola asociación veciñal O Castelo. Coas súas creacións farán posible unha procesión pola parroquia, que dará comezo ás 19:30 horas xunto a gaiteiros da ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies