Home / Opinión / ‘Ferrol Rebelde’

‘Ferrol Rebelde’

Nesta sección o experto en interpretación do patrimonio e guía dos roteiros ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ e ‘Ferrol Rebelde’, postos en marcha polo Concello de Ferrol, Marcos Abalde, explica a historia das Irmandades e a de 100 anos de historia obreira en Ferrol falándonos de cada unha das paradas das rutas.

O primeiro mitin das mulleres

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 19 maio 2017 | 19:44 Por primeira vez as mulleres tomaron a palabra o domingo 14 de decembro de 1919. En 1918 tomaran as rúas e conseguiran baixar o prezo dos alimentos e facer dimitir os alcaldes de Ferrol e Narón, mais o problema das subsistencias continuaba. Fartas de que os caciques comerciasen coa fame do pobo, as traballadoras ferrolás organizan un mitin no Centro Obreiro da praza das Angustias 4. Segundo a prensa da época, o local estaba ateigado de xente. Falaron sete activistas do Grupo Socialista Feminino, da Alianza Feminina da Graña e da Sociedade de Augadoras. Amalia Vergara manifestou que, se os gobernantes non saben ou non queren ou non poden amañalo, que lle deixen o posto a elas que ...

Leer más »

Unha nova Casa do Pobo para Ferrol!

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Sábado 13 maio 2017 | 11:38 Un busto de Carlos Marx presidía a fachada da Casa do Pobo de Vigo. O outro polo do socialismo galego estaba en Ferrol na praza Pablo Iglesias 4, hoxe praza das Angustias 4. O proletariado ferrolán inaugurara ese Centro Obreiro en 1890. Alí, Antonio Bello, vicepresidente da Agrupación Socialista, dará aulas gratuítas aos traballadores. Por aquel local pasará o propio Pablo Iglesias e realizarase o primeiro mitin organizado polas mulleres ferrolás en 1919. Décadas de traballo entusiasta e abnegado incrementan as organizacións operarias adheridas á UXT. En 1933 amplían o Centro Obreiro. O baixo ficará destinado á celebración de asembleas e o primeiro andar será ocupado polas diferentes seccións: Secretaría 1: Federación Comarcal, Federación Local da Edificación e ...

Leer más »

«Desde o centro da súa fronte manaba unha fonte de sangue»

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Sábado 6 maio 2017 | 11:50 «Púxenme na cabeza do grupo que estaba obrigando os grises a retirarse, practicamente chegando a primeira fila. Á altura do que hoxe é a entrada do centro de formación profesional Ferrolterra, só tiña por diante a Daniel Niebla, que corría levando debaixo do brazo dereito o seu buzo de traballo envolvido ao estilo de Bazán. Nese momento xa a policía estaba chegando aos autobuses que deixaran poucos metros máis atrás e no mesmo sentido, á esquerda, próximos ao valado. De súpeto, Daniel cae dobrándose sobre si mesmo e queda tendido no chan nunha estraña posición. Por un instante, pensei que tropezara. Ao achegarme e intentar levantalo, vin como desde o centro da súa fronte manaba unha fonte de ...

Leer más »

Sete membros das Irmandades asasinados en Ferrol polo fascismo

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 28 abril 2017 | 14:15 No Simposio das Irmandades celebrado no Museo do Pobo Galego, o investigador Ermida Meilán deu a coñecer os nomes dos 40 irmandiños asasinados polo fascismo. Velaí a lista de vítimas mortais da comarca de Ferrol: Xaime Quintanilla Martínez, conselleiro primeiro da Irmandade da Fala, médico dos pobres, dramaturgo, presidente de “Toxos e flores” e despois de “Airiños da miña terra”, fundador da editora Céltiga, alcalde republicano de Ferrol, presidente da Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto. Fusilado en San Filipe o 17 de agosto de 1936. Tiña 45 anos. Manuel Morgado González del Valle, administrador da editora Céltiga, concelleiro socialista, director de El Obrero. Fusilado no Cuartel de Artillaría o 14 de agosto de 1936. ...

Leer más »

Quintanilla na revolta das mulleres de 1918

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 21 abril 2017 | 13:41 Xuvia, sábado 9 de marzo de 1918. Numerosos grupos de mulleres fartas de tantos abusos deciden apedrar os establecementos dos acaparadores. Entre elas, as obreiras da fábrica de tecidos. Os comerciantes lucrábanse vendendo o trigo aos países en guerra mentres aquí a poboación sufría a falta de subsistencias e a subida de prezos. Estes caciques non dubidaron en disparar contra as manifestantes. Feren dúas mulleres de bala. Como un regueiro de pólvora, aquel enfrontamento acendeu a indignación por toda a comarca: Ferrol, Caranza, Serantes, Neda, Perlío, Maniños, Limodre, Pontedeume… As mulleres tomaron a iniciativa: Controlaron estradas, asaltaron comercios, desabasteceron mercados, pararon trens. O pobo indefenso volveu ser ametrallado. Houbo dúas persoas mortas en Ferrol e ...

Leer más »

En Caranza, en 1914 e en galego!

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Sábado 15 abril 2017 | 12:16 O mestre García Niebla mostrou unha gran sensibilidade ecolóxica e lingüística para a súa época. Impulsou a Irmandade da Fala de Ferrol e tamén a plantación de centos de árbores pola comarca. Case se podería considerar un precursor da ecolingüística. Como hai especies animais e vexetais en perigo de extinción, tamén hai linguas ameazadas. Cada unha delas posúe un valor intrínseco e porta unha cosmovisión diferente. A ecolingüística procura preservar a diversidade das linguas no mundo. Para garantir a súa sustentabilidade é preciso coidar o seu ecosistema, é dicir, levala aos xornais, aos grupos de música, ás editoras, aos teatros… Ese soño foi o que realizaron as e os irmáns da fala. Hai pouco inaugurouse ...

Leer más »

Quintanilla reintegracionista

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 7 abril | 18:24 Hai quen cualifica a Carvalho Calero como o pai do reintegracionismo, mais el recusaba este título. Pola contra, considerábase fillo do reintegracionismo e falaba co absoluto rigor que o caracterizaba. Cando o ilustre profesor era un meniño que brincaba por un Ferrol Vello poboado de peixeiras e ingleses, as Irmandades da Fala xa estimaban a lingua de Portugal como un galego modernizado e nacionalizado. Lembremos un artigo do propio Xaime Quintanilla: «Di o meu amigo Taibo que a máis grande autoridade filolóxica para os galegos é o portugués, e é moi certo. Cando teñamos dúbidas en cuestións gramaticais debemos ir recoller as solucións nos poetas e escritores portugueses (…). É unha obriga para os Amigos da ...

Leer más »

A Capela Sistina Galega

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 21 outubro | 11:43 En 1925 Rodolfo Ucha concluíu o monumental edificio do Casino Ferrolán e Bello Piñeiro comezou a decorar a súa Sala de Conversas. En tres etapas, ao longo de máis dunha década, vai completar un conxunto mural considerado a Capela Sistina Galega. Unha creación de cento cinco metros cadrados onde exalta a paisaxe autóctona como un dos trazos do ser auténtico e diferente de Galiza. O pintor do Seixo inundou os casetóns do teito e as paredes da flora galega emblemática: castiñeiro, carballo, piñeiro, toxo e xesta. Engadiu a esta harmoniosa ornamentación: o escudo do Casino, un medallón, dúas representacións de Santo André, unha réplica do lenzo Beiramar, un Nocturno e outro de Doroña. A Sala de ...

Leer más »

A Irmandade da Fala como escola de activistas: Manuel Fernández Barreiro

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 14 outubro | 14:39 A Irmandade da Fala converteuse nunha auténtica escola de activistas. Durante a Segunda República, boa parte dos seus membros vai ocupar un papel protagonista en diferentes partidos políticos. Podemos dicir que a Irmandade da Fala forxou o rexo carácter republicano e galeguista de Ferrol. O 15 de abril de 1917 a Irmandade de Ferrol escolleu unha directiva formada por Xaime Quintanilla, García Niebla, Euxenio Charlón e Cabo Pastor. Despois da Asemblea de Monforte de 1922, a Irmandade tomou un novo pulo e transformouse na delegación da Irmandade Nacionalista Galega. Grazas á Fundación Losada Diéguez coñecemos os nomes e enderezos dos novos responsábeis: Xaime Quintanilla (Dolores 64, 1), Manuel Fernández Barreiro (Dolores 61, 2) e Manuel Morgado ...

Leer más »

Aurelio Ribalta tivo un soño

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 7 outubro | 11:29 Foi un ferrolán indignado pola marxinación do noso idioma quen vai impulsar un inmenso paso no espertar da conciencia de Galiza. Aquel intelectual chamábase Aurelio Ribalta e dirixía Estudios Gallegos. Nesta revista anticipou o ideario modernizador promovido polas Irmandades da Fala. No número de decembro de 1915 realiza unha enquisa sobre a situación do galego na escola entre o profesorado de ideas máis avanzadas. Son ben actuais as reflexións de García Niebla: «Entendo que as pretensións de Cataluña de ensinar en catalán nas súas escolas é cousa moi axeitada á razón e xustifica a súa admirábel intuición pedagóxica. Hai tempo que teño un pensamento e no verán próximo verei de levalo á práctica: realizar cos nenos ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies