Home / Opinión / ‘Ferrol Rebelde’ (página 2)

‘Ferrol Rebelde’

Nesta sección o experto en interpretación do patrimonio e guía dos roteiros ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ e ‘Ferrol Rebelde’, postos en marcha polo Concello de Ferrol, Marcos Abalde, explica a historia das Irmandades e a de 100 anos de historia obreira en Ferrol falándonos de cada unha das paradas das rutas.

Xaime Quintanilla, irmán da fala

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 30 setembro | 11:57 «Traballar, traballar, traballar». Ese era o lema de Xaime Quintanilla. El foi o principal dinamizador da Irmandade da Fala de Ferrol, vai dirixir o coro Toxos e froles, fundar a editora Céltiga, montar as súas propias obras de teatro e escribir ducias de artigos. Vivía e tiña a súa consulta na rúa Dolores 64, 1º. Nesta casa, a intelectualidade ferrolá mantiña un animado faladoiro, que o propio Carvalho Calero chegou a coñecer. Como representante da Irmandade de Ferrol, Xaime Quintanilla asistiu en 1918 ao primeiro congreso de todas as Irmandades da Fala de Galiza. Alí aproban un programa de claro carácter progresista, o Manifesto Nacionalista de Lugo: «Tendo a Galiza todas as características esenciais de nacionalidade, ...

Leer más »

Mestres da liberdade: García Niebla e Francisco Iturralde

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 22 abril 2016 | 8:32 García Niebla revoltábase contra unha «escola torturadora» e sacaba os seus alumnos daqueles fríos edificios para que coñecesen cos seus propios ollos fábricas, montes e monumentos. Camiñaban até corenta quilómetros e regresaban con «ferrados de saúde». Tiñan que enfrontarse a incomprensión da sociedade da época. Mesmo había quen os insultaba e humillaba cando se atopaba con eles pola rúa. García Niebla limitábase a aplicar os principios da «Institución Libre de Enseñanza». Coñecera a Giner de los Ríos na praia de Gandarío, en Bergondo. Foi o propio Cossio que llo presentou. Este extraordinario pedagogo afirmaba: «O noso ideal é a escola ao aire libre». Ademais, podemos considerar a García Niebla como un precursor do ecoloxismo. Organizou grandes plantacións colectivas ...

Leer más »

«A vida podedes quitarme, mais non a dignidade»

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Sábado 16 abril 2016 | 11:18 Desde o día en que me colleron (sen sentido porque con vida xamais me deixaría atrapar), non lles importou que estivese case moribundo. Primeiro foron os “interrogatorios” de 12 e 14 horas até que esgotado perdía o coñecemento. E cando viron que con palabras e promesas nada tiraban de min, comezaron as torturas. Os meus pés e mans nin eu mesmo os coñezo. Estiven 15 días que non podía mexar máis que sangue. Con todo, resistín e resisto sen flaquear. Cando, a cambio de me converter en chivato, me prometían respectar a vida, curarme, darme abundante diñeiro para me ir ao estranxeiro, o mesmo que cando sangrando e case sen vida me gritaban: cantas ou matámoste. A miña ...

Leer más »

Xaime Quintanilla proclama a República

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 8 abril 2016 | 9:51 O reloxo da Porta do Dique marcaba as seis da tarde. Xaime Quintanilla, Matías Usero e Alfonso Quintana estaban asomados ao balcón da casa consistorial do Cantón de Molíns. O 14 de abril de 1931 era un día solleiro. Eles anunciaron o triunfo da República á multitude congregada. Foi tal o entusiasmo que algunha xente realizou con papel improvisados gorros frixios, símbolo da emancipación dos escravos. En Ferrol, a alianza republicano-socialista conseguira 26 dos 33 concelleiros. De maneira unánime adoptan as primeiras medidas: comunicar ás demais autoridades a proclamación da República, declarar o día seguinte feriado e retirar da presidencia o retrato de Alfonso XIII para o substituíren polo de Concepción Arenal. Ás beiras da ilustre ferrolá colocan ...

Leer más »

En Ferrol os libros tamén arden mal

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 1 abril 2016 | 11:48 Na rúa Real 138, o Centro Obreiro de Cultura abriu a maior biblioteca de Ferrol e unha das máis importantes de Galiza. Contaba con máis de 10.000 volumes. Durante a Segunda República converteuse na institución cultural máis importante da cidade. Os traballadores da construción naval inauguraron o Centro Obreiro de Cultura en 1911. Para alén da biblioteca, desenvolveron diferentes actividades: Certame Científico-Sociolóxico, escolas gratuítas para crianzas orfas, excursións instrutivas, un museo de historia natural, homenaxes a Concepción Arenal… Neste local, Carvalho Calero deu a súa primeira conferencia. Por aquí pasou Castelao, Quintanilla, Matías Usero, Hildegart, Rubia Barcia… Após o golpe de estado de 1936, os sublevados clausuran e saquean esta magnífica biblioteca. Tamén van saquear a biblioteca da ...

Leer más »

Unídevos, irmás proletarias!

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 25 marzo 2016 | 11:35 Nos anos corenta Amalia Fraguela traballou limpando os servizos públicos que estaban baixo o palco da música do Cantón. En 1912, funda o pioneiro grupo anarquista feminino a Antorcha. Estas libertarias redactan un manifesto animando ás mulleres a construír un mundo sen deus nin amo. O laicismo é outra constante da cultura proletaria, por iso Amalia Fraguela evita os nomes do santoral e inscribe a súa filla no rexistro civil do concello como Luz Armonía. A loita contra o encarecemento dos alimentos protagonizou o primeiro mitin convocado polas mulleres ferrolás en 1919. Estas activistas pertencían ao Grupo Feminino Socialista. A súa secretaria, Josefina Neira Fernández, colaborou no voceiro socialista El Obrero. Tamén destacou como oradora en defensa dunhas ...

Leer más »

Esteiro, baluarte proletario de Galiza

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 18 marzo 2016 | 9:45 Esteiro é o barrio obreiro máis antigo de Galiza. Foi construído en 1750, antes que o propio barrio da Magdalena. No entanto, en 1974, a especulación urbanística devasta este barrio histórico e expulsan a súa poboación a Caranza. Alí primeiro aloxan as familias en barracóns prefabricados e despois serán ciscadas en diferentes edificios. Como se isto non chegase, a ampliación de Bazán arráncalle ao barrio o peirao de San Fernando. O exército expropia o peirao de Fontelonga. Por último, un pavillón deportivo, un colexio e un instituto ocupan o antigo Campo de Batallóns, que era un parque natural cheo de árbores usado polas xentes de Esteiro como zona de esparexemento. Das seis rúas paralelas orixinarias, hoxe só restan ...

Leer más »

Ferrol, capital galega da rebeldía

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Sábado 12 marzo 2016 | 11:17 Poucas horas despois dos sucesos do 10 de marzo, o réxime corta as comunicacións telefónicas de Ferrol co exterior. Quería ocultar o crime, mais non o consegue. Paco Balón estaba encargado de explicar o desenvolvemento da mobilización obreira e xusto despois do masacre chama aos compañeiros de Madrid, Coruña e Compostela. O rostro asasino do franquismo provoca a indignación internacional e a solidariedade inmediata do proletariado galego. Que Paco Balón fixese esas chamadas vai significar un duro golpe para o réxime franquista. O roteiro Ferrol Rebelde procura algo parecido. Queremos retomar as comunicacións coa xeración do 72 e con cinco xeracións máis: da Primeira Internacional a Moncho Reboiras. Porque Ferrol ten o dereito a saber e o deber ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies