Home / Ferrol / Narón / Catro nenas saharauis pasan o verán en Narón dentro do programa Vacacións en Paz

Catro nenas saharauis pasan o verán en Narón dentro do programa Vacacións en Paz

FERROL360 | Luns 14 xullo 2014 | 18:30

As catro nenas saharauis que pasan este verán en Narón con familias de acollida visitaron este luns o Concello. Foron recibidas pola concelleira de Acción Social, Catalina García, e o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, que agradeceu ás familias a súa sensibilidade, «especialmente nestes momentos de incertidume económica, nos que a vosa solidariedade é digna dun recoñecemento público».

As catro nenas viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia, e forman parte do programa Vacacións en Paz promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, coa que o Concello de Narón colabora dende o ano 1997. Actualmente, existe un convenio dotado dunha partida económica de 5.000€ coa que se financia a viaxe das rapazas neste ano.

O programa ten como obxectivos: ausentarse durante os meses de verán dos campos de refuxiados, xa que superan os 50º de temperatura; dar a posibilidade de ter unha experiencia única, coñecer unha nova cultura, un novo idioma, novas costumes; someter ós nenos a revisións médicas periódicas, o que lles dará unha oportunidade para crecer máis sans, entre outros.

Na recepción celebrada este luns no Concello tamén participaron os representantes dos grupos políticos municipais e os delegados da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na zona, Benigno López e Maite Martínez, que agradeceron ó goberno municipal a súa colaboración desinteresada durante todos estes anos.

As nenas recibiron como agasallos unha mochila e un cheque de 60 € para canxear por material escolar.

Os representantes dos grupos políticos municipais non quixeron perder este momento (foto: Concello de Narón)

Os representantes dos grupos políticos municipais non quixeron perder este momento (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies