Home / Actualidad / Cedeira aproba os primeiros orzamentos deste mandato que alcanzan os 5.630.601 euros

Cedeira aproba os primeiros orzamentos deste mandato que alcanzan os 5.630.601 euros

Casa consistorial del Concello de Cedeira (foto: Mero Barral / Ferrol360)
Casa consistorial del Concello de Cedeira (foto: Mero Barral / Ferrol360)

FERROL360 | Domingo 25 agosto 2019 | 13:05/strong>

O pleno do Concello de Cedeira aprobou esta semana os primeiros orzamentos do presente mandato cuxa cuantía ascende a 5.630.601 euros. O asunto saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno do PSOE e mailo BNG, namentres que o Partido Popular votou en contra.

Aínda que se trata dun documento cunha vixencia de apenas tres meses, o goberno municipal contempla actuacións cuantificadas en algo más de 600.000 euros.

Entre elas destacan a compra, por importe de 10.000 euros, de camas xeriátricas; a reparación da estrutura e cuberta do CEIP Nicolás del Río, orzamentada en máis de 11.000 euros, e o proxecto de remodelación da área expositiva do castelo da Concepción, que implicará un gasto próximo aos 40.000 euros.

O executivo local tamén ten reservada a cantidade de 14.450 euros para a instalación dun elevador no pavillón polideportivo, outros 1.800 para a compra dun desfibrilador destinado ao centro educativo e case 2.000 para o arranxo de pontes fluviais.

Ademais, no apartado de investimentos tamén figuran os 120.000 euros que o executivo destina este ano á reparación de camiños públicos e os 7.000 consignados para o pintado exterior do edificio da biblioteca municipal.

Por outra banda, as contas municipais recentemente aprobadas tamén contemplan as axudas nominativas o de libre concorrencia que recibirán as entidades sociais, deportivas e culturais, que son as que corresponden ao exercicio do 2019.

Fomento do emprego

O goberno local tamén axudará con algo máis de 9.000 euros ás obras de mellora que se acometerán tanto na casa de acollida como no refuxio para persoas sen recursos, ámbolos dous servizos xestionados pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, e reserva asimismo doutros 11.000 euros para o fomento do emprego.

No pleno tamén votouse a elaboración da Relación de Postos de Traballo así como a aprobación do catálogo de postos de traballo que o executivo prevé levar a cabo dentro do presente mandato.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies