Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira celebra a súa Patrona con once concertos, espectáculos para nenos e moita festa

Cedeira celebra a súa Patrona con once concertos, espectáculos para nenos e moita festa

FERROL360 | Luns 8 agosto 2016 | 11:39

Cedeira é unha festa desde o pasado venres, cando arrancou o programa de actos deseñado polo Concello para celebrar as festas da Patrona da vila. A homenaxe a Paco de Lola, os concertos de Discalzos polo Festival, o Carnaval de Verán e o Festival de Bandas de Música serviron para dar o distoletazo de saída a doce días de festa por todo o alto.

Pero a celebración só acaba de comezar, e cedeireses e visitantes teñen por diante unha chea de actividades para pasalo en grande nos vindeiros días. Así, a semana comeza centrada nos peques da casa con múltiples xogos para eles desde este luns e ata o xovos. Todos estes días, na praza Roxa a partires das 10:00 horas, haberá xogos dos avós, carreiras do humor e castelos na area, entre outros.

O venres 12 de agosto terá lugar a lectura do pregón, ás 20:00 horas na praza do Concello, que correrá a cargo dos rescatadores Manuel García Iglesias, tripulante do Helimer 401, e Daniel Rey Piñón, do helicóptero Pesca da Xunta de Galicia. A praza do Peixe será o epicentro da festa ese días cos concertos de Black Rose e Five Strings Band, desde as 22:30 horas.

Xa o sabado 13 de agosto os xogos tradicionais como a cucaña e a carreira de sacos tomarán a praia da Magdalena, a partires das 16:30 horas e ás 20:00 horas, na praza Floreal, quenda para un espectáculo familiar de rúa da man de Fumán Músicoloco. Os concertos retornarán ás 22:30 horas, neste caso na praza Roxa, con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Barefoots.

A última xornada da semana virá cargada de actividades para todas as idades e gustos. O domingo 14 de agosto a festa comezará ás 20:00 horas, na praza Floreal, cun espectáculo familiar de circo, a cargo de Desastronauts: Un día de praia.

De novo na praza Roxa congregaranse os máis festeiros con gañas de bailar e pasalo ben ata ben entrada a noite. E é que desde as 22:00 e ata as 3:00 horas haberá Verbena Galega, un espectáculo presentado por Isabel Risco e no que participarán Os Modernos e O Sonoro Maxín. Para finalizar a festa haberá sesión de picadiscos.

Día da Patrona

O día grande de Cedeira chegará o luns 15 agosto para festexar por todo o alto o día da Patrona. Os actos festivos comezarán ás 12:00 horas coa misa cantada co coro Herbeira. A continuación, haberá procesión coa Banda de Música Pro Cedeira, que ofrecerá tamén un concerto ás 13:30 horas, na praza Roxa.

Pola tarde, ás 20:00 horas, chegará a quenda dos peques cun espectáculo familiar de rúa da man de Peter Punk na praza Floreal. Na praza Roxa haberá noite de orquestras con doble pase de Nueva Fuerza, ás 22:30 e 00:30 horas. A gran tirada de fogos de artificio será ás 00:00 horas e na praza da Revolta actuación da Orquestra Acherízate, a partires das 00:30 horas.

O martes 16 de agosto terá lugar a tradicional procesión marítima acompañada pola Banda de Música Vila de Cedeira, desde as 12:00 horas. Novamente na praza Floreal, ás 20:00 horas, haberá un espectáculo familiar de rúa con Mundo Mandarina: Laboratorio máxico e ás 22:00 horas será a quenda dos maiores coa Orquestra Saudade, na praza Roxa.

O punto e final ás festas da Patrona de Cedeira chegará o mércores 17 agosto co día da Xira. A tradicional romería celebrarase durante todo o día e para finiquitar a celeberación, ás 22:00 horas na praza Roxa, actuación da Orquestra Cinema.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*