Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira, epicentro do Congreso Internacional de Arqueoloxía

Cedeira, epicentro do Congreso Internacional de Arqueoloxía

FERROL360 | Xoves 19 xullo 2018 | 9:23

O castro do Sarridal e as escavacións levadas a cabo nesta zona de Cedeira foron protagonistas este mércores do Congreso Internacional de Arqueoloxía que se celebra en Vilalba. Un grupo de participantes se desprazou á vila cedeiresa para coñecer de primeira man a escavación, na que foi localizada a quinta pedra formosa atopada en Galicia.

O alcalde, Pablo Moreda Gil e dos concelleiros de Cultura, Educación e Servizos Sociais, María Xosé Rodríguez Pérez, Rubustiano Labraña e Manuela López Rodríguez, respectivamente, deron a benvida aos arqueólogos.

Os traballos que se están a realizar na zona do Sarridal volverán a centrar a actividade do Congreso este xoves coa participación no mesmo de Emilio Ramil, arqueólogo e director das tres escavacións executadas ata agora en Cedeira.

Ramil explicará aos asistentes as características do que é o segundo monumento con forno localizado na zona de Ortegal -Castro dos Prados (Ortigueira), o primeiro, atopouse 28 anos antes- así como detalles destes traballos.

A continuación, será o arqueólogo Xosé Ramón Martínez Casal, profesional que tamén está a participar nas escavacións, a persoa que leve o descubrimento ao terreo cultural, explicando a riqueza inmaterial que se deriva deste tipo de intervencións e que contribúe a contextualizar a historia dos pobos, neste caso da cedeirense.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies