Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira organiza un obradoiro de emprendemento para mozos baseado nas novas tecnoloxías

Cedeira organiza un obradoiro de emprendemento para mozos baseado nas novas tecnoloxías

FERROL360 | Venres 31 outubro 2014 | 10:42

O obradoiro «Emprendendo dende a Rede» está dirixido especialmente á poboación menor de trinta anos, aínda que tamén poderán participar aqueles que superen esta franxa de idade. No mesmo, abordaranse dúas temáticas principalmente: o emprendemento dende os blogs e o sistema de cofinanciamento de crowfunding.

Este seminario terá lugar o 7 de novembro no Auditorio Municipal de Cedeira, en horario de 10:30 a 12:30 horas, e a participación é completamente gratuíta. Así, as personas interesadas en participar poden anotarse na Axencia de Emprego do Concello –na planta baixa da casa consistorial– de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies