Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira presume de rutas xeolóxicas

Cedeira presume de rutas xeolóxicas

FERROL360 | Venres 1 xullo 2016 | 18:26

O Concello de Cedeira comezou hoxe a darlle rendibilidade pública e turística á riqueza xeolóxica do municipio. Un grupo de dez persoas tomaron parte na primeira das tres rutas incluídas no programa Xeorutas.

Esta primeira toma de contacto co territorio levou aos participantes a percorrer os 9 kilómetros da ruta dos cantís, un traxecto pensado para descubrir estruturas xeolóxicas de máis de 400 metros de altitude e materiais que falan de supercontinentes de hai 350 millóns de anos.

O xeólogo Francisco Canosa actuou de guía, unha dedicación que maña e o domingo tamén desempeñará cos viaxeiros que desexen visitar a única praia de area negra non volvánica do planeta ou tomar contacto cunha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie da Terra.

As persoas interesadas aínda poden apuntarse persoalmente na oficina de turismo e tamén a través do correo electrónico: turismo@cedeira.es. A cota é de 5 euros por persoa e ruta. O número máximo de participantes será de 20 persoas, agás a xeoruta das praias negras onde serán 15.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies