Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira recupera a rapeta para os máis novos da vila

Cedeira recupera a rapeta para os máis novos da vila

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 7:56

A mocidade cedeiresa está citada o vindeiro luns na praia da Madalena ás 11:00 horas da man do Museo Mares de cedeira para recrear a rapeta, unha arte de pesca típica da vila que leva anos prohibida.

A actividade, na que non perecerá ningún peixe, senón que haberá devolución dos exemplares ao mar, conta co respaldo da Consellería e coa colaboración da confraría, o Concello e o Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Mariña-Ortegal.

A rapeta era un arte para autoconsumo familiar que os cativos coñecerán de preto meténdose na auga e tirando do aparello, como os máis vellos da vila lembrarán ter feito algúns anos atrás.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*