Home / Ferrol / Cedeira / Cedeira xa ten servizo de aluguer de bicicletas

Cedeira xa ten servizo de aluguer de bicicletas

FERROL360 | Xoves 11 xuño 2015 | 19:49

O servizo de aluguer de bicicletas de Cedeira xa está en marcha. Polo momento hai tres bases nas que os veciños poderá recoller a súa bicicleta e están situadas na praza da Marieta, na Oficina de Turismo e no entorno do pavillón polideportivo municipal. As bicis contan cun sistema de control para xestionar o seu funcionamento e recopilar a información relativa ao servizo.

Os interesados en ser usuarios deste servizo deben acudir ao pavillón polideportivo e solicitalo no rexistro xeral, así como abonar dous euros. Ademais, a cuota pola utilización se fixa en función do periodo de uso: serán cinco euros por semana; dez por mes ou vinte euros ao ano. É dicir, a maior prazo, menor pago. No último caso, o servizo resulta a razón de 0,05 euros por día.

Con esta iniciativa preténdese fomentar o uso cas bicis como medio de transporte alternativo ao coche nos desprazamentos polo centro urbano.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies