Home / Actualidad / Cerdido instará a Fomento e Adif a mellorar o servizo de Feve

Cerdido instará a Fomento e Adif a mellorar o servizo de Feve

FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 21:58

A corporación local de Cerdido aprobou por unanimidade en pleno a moción do PSdeG-PSOE local na que se reclama ó Ministerio de Fomento e a Feve o axeitado mantemento das infraestruturas e o cumprimento dos horarios de paso das expedicións.

Os socialistas explican que é de sobras coñecido o problema que está a ter a veciñanza da localidade e da comarca «por mor do desleixo e abandono no que respecta ás infraestruturas e funcionamento do transporte ferroviario». Así, reclaman a Fomento que «atenda as demandas dos veciños do Ortegal e que non deixe morrer un dos poucos servizos que aínda conservamos».

Segundo indican desde o PSdeG-PSOE de Cerdido, non se realizan investimentos de calado na vía estreita dende a lexislatura 2004-2008, presidida polos socialistas. «Foi daquela cando se melloraron os apeadoiros, como o de a Cuqueira e mesmo a propia estación», coa dotación de iluminación e melloras na accesibilidade e cunha aposta polo transporte de mercadorías, entre outras actuacións.

A iniciativa contou co respaldo do PP, BNG e PSOE.

Explanada de FEVE en Cerdido (foto: PSdeG-PSOE Cerdido)

Explanada de FEVE en Cerdido (foto: PSdeG-PSOE Cerdido)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies