FERROL360 | Domingo 10 xaneiro 2016 | 16:54
O Concello de Cerdido informa e tramita as solicitudes e documentación necesaria para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e para a obtención dos certificados de profesionalidade no ámbito sociosanitario.
A Xunta de Galicia abriu o praza de convocatoria deste procesos de acreditación na Comunidade Autónoma, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Así, a administración local facilitará información e tramitará as solicitudes dos interesados en acreditar as súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
En canto á obtención dos certificados de profesionalidade no ámbito sociosanitario, a convocatoria publicarase no DOGA a vindeira semana e contará con 200 prazas para as disciplinas de Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.