Home / Ferrol / Cedeira / Charla de emprendimiento baixo a fórmula da cooperativa o vindeiro luns en Cedeira

Charla de emprendimiento baixo a fórmula da cooperativa o vindeiro luns en Cedeira

FERROL360 | Martes 12 maio 2015 | 09:58

O Auditorio de Cedeira acollerá o vindeiro luns día 18 de maio a charla «Emprender baixo a fórmula cooperativa» promovida pola Mancomunidade. A iniciativa busca achegar o modelo empresarial cooperativo a persoas desempregadas e aquelas que buscan unha alternativa de autoemprego. A cita será de 12:00 a 13:00 horas e a entrada é libre e gratuíta.

A encargada de impartir esta charle é Mª Dolores Regueiro Pérez, técnica de emprendemento da Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade e, con ela, preténdese mostrar outra forma de autoemprego amosando as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Entre os obxectivos que persegue esta charla destacan dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades; achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas; coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo ou os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

A Mancomunidade auspicia este tipo de iniciativas como entidade colaboradora da Rede Eusumo, unha rede impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Sobre Rebeca

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies