Home / Sociedad / Educación / Charla sobre violencia de xénero e novas tecnoloxías este martes en San Sadurniño

Charla sobre violencia de xénero e novas tecnoloxías este martes en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 13 xaneiro 2015 | 12:26

Rapazada, familias e profesorado de San Sadurniño están chamados para participar este martes nun obradoiro co que se busca previr o uso da tecnoloxía da información e a comunicación como ferramenta para exercer a violencia de xénero. A Casa da Cultura acolle este martes o obradoiro que se desenvolverá entre as 15:30 e as 18:30 horas.

A charla divídese en dúas partes. A primeira, enfocada aos rapaces, pón o acento sobre o perigo dun mal uso das redes sociais e a telefonía móbil nas relacións entre a mocidade, pero tamén sobre como empregalas dunha forma útil.

Na segunda parte, aberta a pais, nais e profesionais do ensino, incidirase especialmente sobre como detectar e atallar a tempo condutas tan perigosas coma o ciberacoso ou o sexting.

A cuestión ten un fondo calado social, xa que un estudo da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero realizado entre 8.000 mozos revela que case un 30 % dos adolescentes non considera unha conduta de risco responder a unha mensaxe insultante e alomenos un de cada catro non vería inconveniente en colgar unha foto súa que os pais e nais non autorizarían.

E o problema vai a máis, xa que se estima que arredor do 65 % dos nenos de entre 8 e 12 anos teñen un móbil e a maioría con tarifa de datos para conectarse a Internet. Ademais, seis de cada dez mozas que participaron no estudo manifestaron ter recibido mensaxes insultantes ou ameazantes e un 36 % aseguran ter sentido medo.

Nun escenario así cómpre tomar medidas preventivas por medio da concienciación da poboación infantil e xuvenil, das familias e do profesorado. Por iso o departamento de Educación e Igualdade lanzou unha convocatoria entre a comunidade escolar para abordar a violencia de xénero e o novo contexto dixital por medio deste obradoiro.

Desde o departamento de Educación e Igualdade aconséllaselles ás familias que teñan conciencia de que detrás de algo tan inofensivo e útil coma un móbil ou un ordenador hai un mundo virtual coas mesmas eivas e virtudes do mundo real. Insístese en que o acoso e a violencia teñen nas tecnoloxías da información e a comunicación un novo aliado e múltiples fórmulas de exercerse.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies